"As medicinas repártense tarde e hai fármacos sen identificar"​

"A pesar de que o persoal da Farmacia traballa a un ritmo frenético, a medicación diaria pautada aos enfermos está a chegar ao seu destino ata con máis de dúas horas de atraso”. Esta é unha das denuncias que se fai desde a Comisión de Centro do CHUAC para escenificar a "morte" do servizo de farmacia no hospital público da Coruña.

|

Chuac farmacia protesta

Traballadoras concentráronse primeiro, e manifestáronse despois ao redor do Hospital da Coruña / CIG 

PROTESTA NO CENTRO SANITARIO

Decenas de traballadores saíron ás rúas este venres para alertar da "falta alarmante de persoal para poder atender con eficiencia e garantías" o servizo pese ao constante aumento da poboación ingresada.

Segundo os traballadores, a falta de persoal técnico suficiente ocasiona que "haxa fármacos mal envasados e/ou sen a identificación do número de lote e caducidade". O SERGAS non respondeu por agora ás acusacións.

POSIBLE FOLGA EN FARMACIA

Un dos sindicatos que apoia as protestas, a CIG, informa que haberá mobilizacións todos os venres de maio e é posible que o conflito acabe nunha folga para garantir así "o funcionamento correcto, eficiente e seguro deste servizo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE