CIG-Ensino convoca ao profesorado en mobilizacións por unhas pensións dignas e pola recuperación de dereitos

O sindicato convocou 23 concentracións en toda Galicia o domingo 15 de abril


|

Aula colexio clase


CIG-Ensino convocou ao profesorado para manifestarse para recuperar os seus dereitos e acabar cos recortes. As mobilizacións terán lugar entre as 11.30h e as 12.00h en 23 localidades galegas durante a mañá do domingo 15.


"Na CIG-Ensino temos claro que estamos nun momento no que necesitamos unha resposta contundente, na que tamén ten que ter voz propia o profesorado", declaraba o sindicato nun comunicado. 


En febreiro, a agrupación puxo en marcha unha campaña de medidas urxentes para o ensino público, onde reclaman, entre outras cousas, unha xornada laboral de 35 horas para todo o profesorado, a redución de carga burocrática nos centros, a limitación dde a temporalidade do profesorado e a negociación dun acordo retributivo para que o persoal reupere os recortes dos últimos anos. 


O sindicato declárase nun momento "de acumulación de forzas para dar unha resposta contundente que obrigue ao Goberno do PP en Madrid á derrogación das reformas laborais e das pensións", e que leve á Xunta "a comezar unha negociación real para que o profesorado recupere os seus dereitos". 


Tamén reclaman que todo claustro, independentemente do seu réxime de cotización, estea en igualdade de condicións á hora da xubilación, "mantendo no caso do funcionariado de carreira posterior a 2010 a xubilación anticipada aos 60 anos e a ordinaria aos 65, mentres que se negocie paraa o persoal interino a extensión deste dereito". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE