Dous días de folga de ambulancias esta semana
O conflito laboral do transporte sanitario público galego continúa en marcha sen que, por agora, haxa perspectivas dun acordo. Sobre a mesa segue a advertencia dos traballadores de ir á folga indefinida a partir de setembro.

Unha pasada marcha do sector de ambulancias
Por agora, o principal sindicato do sector, a CIG, anuncia paros este mércores e xoves. Ademais, haberá concentracións. Os folguistas reuniranse a as 10 horas do mércores diante do Hospital Clínico de Santiago e, tras pasar por urxencias, sairán en manifestación. O venres día 6 haberá outra concentración.
LICITACIÓNS Á BAIXA
A raíz do conflito é a negativa da patronal para negociar o convenio colectivo. Á súa vez, as empresas presionan á Xunta para que lles suba as adxudicacións. O axustadísimo das últimas licitacións e a entrada de Ambuibérica -un dos grandes operadores estatais- fixo apertar tanto o cinto ás operadoras galegas que alegan que prestar o servizo con estas cifras non é rendible.
Por agora a Xunta segue sen mover ficha, argumentando que se trata dunha cuestión para resolver entre traballadores e empleadores.
Escribe o teu comentario