"Non permitan que a morte do meu pai fose en balde" pide a filla do falecido nun PAC sen médico

Emocionado, Manuel Pereira puido contar por fin no Parlamento de Galicia como o seu tío faleceu nun Punto de Atención Continuada (PAC) cando non había ningún galeno. O portavoz da famlia de José Manuel Brey, a ancián vítima dos recortes, foi o primeiro comparecente da Comsión de Investigación alternativa que lanza a oposición. Os seus reproches ao goberno conservador foron duros, como duras foron as réplicas do PP á Comisión.


|

Emocionado, Manuel Pereira puido contar por fin no Parlamento de Galicia como o seu tío faleceu nun Punto de Atención Continuada (PAC) cando non había ningún galeno. O portavoz da famlia de José Manuel Brey, a ancián vítima dos recortes, foi o primeiro comparecente da Comsión de Investigación alternativa que lanza a oposición. Os seus reproches ao goberno conservador foron duros, como duras foron as réplicas do PP á Comisión.



Manuel pereira na comisiu00f3n de investigacion da oposiciu00f3n sobre os recortes sanitarios

Manuel Pereira


A FAMILIA sente ABANDONADA

Pereira denunciou "a falta de humanidade coa que  a familia foi tratada polos representantes do PP" e queixouse de que a familia non recibiu "nin unha soa mostra de empatía" por parte de la Xunta e do partido que sostén ao Goberno Galego.


O portavoz agradeceu que a voz da familia póidase, por fin, escoitar no Parlamento. Pereira leu tamén unha carta da filla da persoa maior falecida. Na misiva lembrou como o seu pai se despió cun bico e unha petición de que fose boa, polo que ela agora reclama aos políticos que sexan bos tamén e "non permiten que a morte do meu pai fose en balde".


TRABALLADORES DENUNCIAN FALTA DE MEDIOS

Na comisión compareceu tamén, Eduardo Diaz, traballador do colectivo "PACs en pé de guerra". O asalariado do SERGAS reiterou as protestas pola suposta falta de medios e, tamén emocionado, dixo que "os sanitarios dos PACs non queremos que morra ninguén baixo nosa responsabilidade". 


Diaz cargou contra o conselleiro de Sanidade. A Almuíña lembroulle que levar os problemas do SERGAS a unha comisión parlamentaria non é "demagoxia", como o dixo.


A terceira en comparecer foi Pilar Rodríguez. Esta enfermeira do PAC da Garda indicou ao presidente de la Xunta que a mellor defensa dos profesionais que pode facer Feijóo no Parlamento é poñer os medios para desenvolver o seu traballo de forma digna. 


Os dous representates dos traballadores do SERGAS insistiron nas críticas que puxeron contra as cordas á Consellería de Sanidade. Anos de recortes causan unha sobrecarga de traballo que está a destruír a calidade do sistema público.


RESPOSTA DO PP

Ao PP non lle sentou nada ben que a oposición usase o Parlamento como altofalante destes colectivos. Aquí estase xogando a outra cousa (...) está a tratarse de cuestionar o funcionamento dun servizo público tan importante como a sanidade", queixouse Pedro Puy. 


En rolda de prensa, o portavoz parlamentario do PPdeG asegurou que sou partido permitiu que estean a comparecer na Comisión oficial a metade das persoas propostas pola oposición. Non das persoas que falaron hoxe.


O PP considera que a Comisión alternativa "axuda a menoscabar o desenvolvemento democrático deste Parlamento e resulta rechamante que non se repeten as normas da democracia".


A presidencia do Parlamento -dominada pola maioría conservadora- negou a sala habitual para este tipo de comparecencias. BNG, PSOE e En Marea levaron os comparecentes a outra sala, que usa habitualmente a confluencia, retirando os símbolos partidistas. 



Comision sanidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE