A catro días do inicio do curso escolar marcado polo medo ao coronavirus o presidente cambia á responsable de Educación e ao de Sanidade. Por que? Feijóo vende a marcha de Almuiña como unha petición propia e a de Pomar como unha necesidade de reducir o número de consellerías.
En xestión empresarial, o “Principio de incompetencia de Peter” é moi coñecido e o que di é que as persoas que fan ben o seu traballo son ascendidos a postos de maior responsabilidade ata alcanzar o seu máximo nivel de incompetencia. E, este principio, non só cúmprese no mundo empresarial, senón que tamén, e, atreveriámonos/atreveriámosnos a dicir, con moita maior frecuencia, en organizacións como as Administracións Públicas.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, defendeu o mantemento dos concertos de asistencia, que se prestan de modo complementario ás prestacións do Servizo Galego de Saúde (Sergas), e que levan facendo décadas, e lembrou que a Xunta do bipartito mantívoos " e incrementou".
O conselleiro de sanidade asegura que as accións a curto prazo do plan de Atención Primaria xa están "moi avanzadas"
Se a Xunta pensaba que o novo documento ía acougar os ánimos nos centros de saúde, polo visto onte, equivócase, polo menos no referente a Vigo
Serve para algo o novo modelo de Atención Primaria presentado este xoves? Hai reformas burocráticas e sinálase que é necesario máis persoal; pero o certo é quedel SERGAS esquiva o quid da cuestión: cantos médicos máis vai haber nos centros de saúde e de onde vai saír o diñeiro. O conselleiro di que ese debate non toca agora.
O conselleiro de Sanidade de la Xunta destaca que abrirán o novo contrato de estabilidade ao "colectivo importante" de médicos galegos que traballa en Portugal.
Emocionado, Manuel Pereira puido contar por fin no Parlamento de Galicia como o seu tío faleceu nun Punto de Atención Continuada (PAC) cando non había ningún galeno. O portavoz da famlia de José Manuel Brey, a ancián vítima dos recortes, foi o primeiro comparecente da Comsión de Investigación alternativa que lanza a oposición. Os seus reproches ao goberno conservador foron duros, como duras foron as réplicas do PP á Comisión.
Espera ter "en 10-15 días" unha resposta á localización solicitada polo goberno local da Coruña.