En dúas semanas, Sanidade responderá sobre a localización do centro de saúde
Espera ter "en 10-15 días" unha resposta á localización solicitada polo goberno local da Coruña.
Reunión do xoves pasado. Foto: Concello da Coruña
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, manifestou que esperan "en 10-15 días" ter unha resposta ás propostas de localización do novo centro de saúde na Coruña.
Así o manifestou, a preguntas dos medios, con motivo da súa presenza nun acto na Estrada. Sobre iso, concretou que teñen que "ver as limitacións urbanísticas" e "que pensan os profesionais e os cidadáns". "Con iso, en 10-15 días teremos unha resposta a estas solicitudes", abundou.
Neste sentido, lembrou que a "idea orixinal" da Consellería de Sanidade "era saír de Federico Tapia e ir a unha localización mellor". "Podíase entender que podía ser o mercado de Santa Lucía, pero o goberno municipal, de acordo aos técnicos, entende que é difícil facer compatible", apuntou.
Con todo, o conselleiro de Sanidade apostou por "facer un bo centro de saúde que mellore as condicións actuais de Federico Tapia" e A Coruña.
Escribe o teu comentario