A Xunta renuncia a acelerar o desconfinamiento e non pedirá pasar a fase 3 ata o 8 de xuño como pronto

|

A baixada de casos de coronavirus cada vez é menor e hoxe hai leves repuntes en tres áreas. A Xunta anuncia que non pedirá pasar a unha nova fase esta semana, como se especulou. "Toca seguir facendo vixilancia importante para poder pasar en 10 días a fase 3", di o conselleiro.


A Xunta esperará os 15 días entre fases para pedir o pase de Galicia á terceira a partir do 8 de xuño, tras avanzar á dúas este luns, 25 de maio, pero espera antes contestación a "cuestións pendentes", como a petición de mobilidade entre as catro provincias galegas ao atoparse en similar situación epidemiolóxica.


En Galicia continúa o descenso de casos activos, pero faio de maneira cada vez máis lenta. Por jemplo, hoxe só foron 11 menos.


Esta caída cada vez máis amodo non se debe só a que cada vez hai menos casos activos, mostran os gráficos elevorados por Galiciapress cos datos oficiais. Tanto se miramos a variación relavita diaria, coma se miramos a súa media móbil a sete días, comprobamos que o coronavirus segue perdendo terreo, pero en porcentaxes cada vez máis pequenos.






"Imos facelo segundo o que o Ministerio nos comenta que é normativo", afirmou o conselleiro de Sanidade, Jesús Váquez Almuiña, a preguntas dos medios no marco dunha rolda de prensa na que se presentou o protocolo de medidas sanitarias fronte ao coronavirus con motivo das eleccións autonómicas do 12 de xullo.

Con todo, Almuiña puntualizou que "hai varias cuestións pendentes de contestación por parte do Ministerio (de Sanidade)", como a relativa á petición da Xunta de permitirse a mobilidade entre as catro provincias galegas.

"E fóra desas consideracións que fixemos, esperaremos eses 15 días traballando, facendo a revisión de casos positivos e contactos", subliñou o conselleiro, que indicou que seguirán "facendo o maior número de probas posibles".

MÁIS DE 300.000 PROBAS
Respecto diso, o titular de Sanidade, no marco do balance realizado, destacou que este mércores alcanzáronse as "300.000 probas" diagnósticas na Comunidade galega, das cales 137.544 foron PCR e o resto "probas de serología", matizou.

Así mesmo, Almuiña incidiu en que en Galicia "máis de 350 persoas" son controladas pola central de seguimento de contactos habilitada para rastrexar os posibles casos co fin de "ter un illamento claro e corentena de contactos ligados aos casos positivos", abundou.


ALIVIO NAS UCIS

O titular de Sanidade indicou, así mesmo, que na actualidade as UCIs de catro áreas sanitarias, como as da Coruña, Ferrol, Ourense e Pontevedra, xa non teñen pacientes con COVID-19 e ratificou que 49 persoas atópanse en unidades de hospitalización convencional en hospitais galegos.

Por iso, incidiu en que as cifras de Galicia correspondentes a pacientes nesta epidemia mantéñense "en descenso claro desde hai semanas" e sinalou que se rexistran, segundo os datos actualizados este mércores, 823 casos activos por coronavirus.

"Toca seguir facendo vixilancia importante para poder pasar en 10 días a fase 3", concluíu o conselleiro de Sanidade, que recalcou que Galicia prosegue o "seguimento de todos os casos" e "facendo un número importante" de probas diagnósticas e "illando casos" que, sentenciou, son "poucos".

X5qx6 casos activos en galicia evoluci n diaria en porcentaxe




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE