Os recortes sanitarios e as listas de espera impídenlle a unha paciente "vivir sen dor"

A Coordinadora de Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña denuncia a situación dunha paciente ferrolá


|


Listas de espera


A Coordinadora de Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña denunciou este mércores a situación dunha paciente ferrolá que, arrastrada polas listas de espera e os constantes recortes en sanidade, viu comprometidas a súa saúde e a súa calidade de vida.


De acordo á Coordinadora, tras “máis de dous anos de listas de espera, probas e consultas”, á paciente Belén Paleo fóronselle diagnosticadas a enfermidade de Arnold-Chiari e siringomielia, que afectan ó cerebro e á medula espinal e cuxo avance ocasiona fortes dores de cabeza, alteracións do equilibrio e mesmo “parálise dos membros do tórax”.


A paciente ferrolá foi remitida nun principio a un neurocirurxián do CHUAC especializado nesta clase de enfermidades, quen lle solicitou dúas probas urxentes, pero que “se demoraron” por ter que volver á súa área sanitaria, Ferrol, para facelas.


Tras unha espera que empeorou os síntomas e deixou avanzar as enfermidades, a paciente topouse con aínda máis obstáculos que impediron a súa posible recuperación. Segundo o declarado pola Coordinadora, “o neurocirurxián que tiña que operala estaba de baixa”, e o neurólogo ao que foi remitida para aliviar o seu estado “díxolle que non podía facer nada", debido a que xa debería estar operada. "Rebotada dun médico a outro", a paciente vese obrigada agora a enfrontar unha situación na que non pode "vivir sen dor ou facer vida normal".


Con secuelas difíciles de recuperar, xa se presentaron "numerosas reclamacións na consellería, en atención ó paciente, na Valedora do Pobo e na xerencia". A súa situación reflexa a de moitos outros pacientes, cuxa saúde peligra cada vez máis ante os recortes no persoal sanitario e as longas listas de espera, das que a súa vez se nutre a progresiva privatización de sanidade.

relacionada Unha soa enfermeira a cargo de 28 pacientes: a insostíbel situación que denuncia Satse
relacionada Urxencias do CHUS urxe medios humanos e materiais pola súa "situación insostíbel"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE