Os centros sanitarios galegos pechan "máis de 900 camas" no verán
Segundo SATSE, e cos datos recompilados de todos os servizos autonómicos de saúde, conclúen que se pecharán 900 camas, "tendo a seguridade de que son máis, xa que a opacidade dalgunhas direccións e xerencias provocou que non se faciliten as cifras correpondientes a algúns centros".
O Sindicato de Enfermería (SATSE) estima que este verán pecharanse máis de 900 camas nos centros sanitarios de toda Galicia como consecuencia de "os recortes estivais". O sindicato denuncia que, ademais do peche, haberá menos servizos e menos profesionais para atender aos pacientes.
O aumento das listas de espera, tanto médicas como cirúrxicas, é unha das "graves consecuencias" que leva, segundo SATSE, o peche de camas, que tamén implicar a paralización das probas diagnósticas, altas "de forma precipitada" e "amontoamento" de pacientes en urxencias.
"O peche de camas nos centros hospitalarios aumenta o índice de enfermos despazados que non son atendidos na unidade correspondente á súa patoloxía, e que, por tnto, son vistos por profesionais que non son os habituais", expón o sindicato nun comunicado de denuncia.
Segundo as súas estimacións, e cos datos recompilados de todos os servizos autonómicos de saúde, conclúen que se pecharán 900 camas, "tendo a seguridade de que son máis, xa que a opacidade dalgunhas direccións e xerencias provocou que non se faciliten as cifras correpondientes a algúns centros".
Escribe o teu comentario