Santiago quere tratar o Plan Especial con veciños da cidade histórica o 10 de novembro

O concelleiro, Iago Lestegás, acompañado de persoal técnico, fará unha explicación para aclarar calquera dúbida que as directivas das asociacións veciñais do ámbito poidan trasladar sobre estes cambios.


|

Archivo - El concejal de Urbanismo del Ayuntamiento de Santiago, Iago Lestegás
Arquivo - O concelleiro de Urbanismo do Concello de Santiago, Iago Lestegás

 

 

O Concello de Santiago convocou para o próximo 10 de novembro unha reunión coas asociacións veciñais da cidade histórica para abordar a nova regulación de usos do Plan Especial.

Así, informan de que o departamento de Urbanismo enviou a todas as persoas titulares de inmobles no ámbito do PE-1 unha comunicación oficial para pór no seu coñecemento a aprobación inicial desta modificación puntual e o correspondente trámite de exposición pública.

Ademais disto, o propio concelleiro, Iago Lestegás, acompañado de persoal técnico, fará unha explicación para aclarar calquera dúbida que as directivas das asociacións veciñais do ámbito poidan trasladar sobre estes cambios.

Toda a documentación e información georreferenciada está dispoñible no Xeoportal do Concello de Santiago. Tamén está exposta en formato físico na sede de Urbanismo (Casas Reais, 8).

Lembran que a modificación puntual da regulación de usos do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica, aprobada inicialmente en xuño, converte a Santiago en "pioneiro" na protección do comercio de proximidade.

Esta reforma ten como obxectivo "manter e reforzar o uso residencial característico da cidade histórica, promover o mantemento do comercio de proximidade, facilitar a implantación de novos usos dinamizadores da cidade histórica e garantir o equilibrio entre usos orientados a residentes e orientados a turistas".

Ademais, co obxectivo de facilitar a adaptación do parque residencial existente ás características dos fogares actuais, introduce cambios relativos á agrupación e división de vivendas, que xa estaba permitida no Plan especial cunhas condicións máis restritivas que se modifican.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE