Pilar de Lara

Reclaman que se pidan "contas" á xuíza De Lara tras a sexta desimputación de Orozco


A Audiencia Provincial dita o "sobresemento provisional" do ex-alcalde de Lugo nunha parte da Operación Pokemon. É a sexta desimputación ao ex-líder do PSOE lugués e un novo pau dos seus superiores á instrutora. Desde a Deputación reclámase un exame do polémico labor da xuíza.

Funcionarios de Xustiza denuncian o "colapso" no xulgado de Pilar de Lara, que leva 10 anos instruíndo a Carioca

Dez anos instruíndo a Operación Carioca e seis a Operación Pokemon. Dúas das operacións anticorrupción máis importantes da historia de Galicia continúan empantanadas no xulgado de instrución número 1 de Lugo moitos anos despois. Ante tales atrasos, un representante dos traballadores reclama máis medios e alerta das consecuencias para outras causas. 

Aprazada a declaración do responsable de Véndex, centro da Pokémon, para o 27 de agosto
A declaración no xulgado do principal responsable de Véndex, Gervasio Rolando Rodríguez Acosta, a súa secretaria e a xefa de contabilidade deste grupo empresarial foi aprazada para o día 27 de agosto a solicitude dun dos seus avogados.
Outro revés xudicial contra unha decisión de De Lara

Arquivan a causa contra Raúl López e o xerente do Multiusos do Sar por ameazas contra unha testemuña da Cóndor. O denunciante foi declarado "testemuña protexida" en abril de 2017 pola xuíza da Cóndor, Pilar de Lara.

O Fiscal pide absolver ao ex alcalde de Lugo que imputou de Lara

Novo revés a unha institución ed a xuíza de macrocausas como a Pokémon

De Lara nega atrasos no sumario sobre o ex-conselleiro

Non hai atrasos indebidos, hai ata sete informes policiais e respondeu como debe ao recurso do ex-conselleiro Fernando Blanco investigado por mor da Operación Campión. Así rebate a xuíz de Lugo a denuncia presentada ante o órgano de goberno dos xuíces.

Nova denuncia formal contra o labor de Pilar de Lara

O Colexio de Avogados de Lugo presentou unha denuncia formal ante o Consello Xeral do Poder Xudicial polo atraso na instrución da causa dun ex-conselleiro.

Conclúe a inspección a Pilar de Lara case dúas semanas despois

A inspección ao Xulgado de Pilar de Lara acabou este xoves, case dúas semanas despois de que tres inspectores empezasen a examinalo por mor dun informe previo do Servizo de Inspección. Así o confirmaron fontes oficiais do Consello Xeral do Poder Xudicial a Galiciapress.


A inspección "extraordinaria" ao xulgado de Pilar de Lara prolóngase máis do habitual

A inspección do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) a un xulgado dura normalmente dous ou tres días. A inspección ao Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo dura xa unha semana, continúa e, segundo fontes oficiais do TSXG consultadas por Galiciapress, é "extraordinaria".


Inspección "ordinaria" no xulgado de Pilar de Lara

O xulgado de Pilar de Lara está a ser inspeccionado polo Servizo de Inspección do Consello do Poder Xudicial. Fontes oficiais do organismo de goberno dos xuíces así o confirmaron hoxe a Galiciapress.


​Entrevista á alcaldesa de Lugo: “Temos que defender a igualdade nas rúas porque temos un problema como sociedade”

A alcaldesa de Lugo non se morde a lingua cando se lle pregunta pola sentencia á Manada. “Volvemos todos a ser violados novamente”, di nesta entrevista con Galiciapress. O ascenso do Breogán, a situación das contas do concello e a lea con Martínez na Deputación son outros temas da conversa cunha Lara Méndez que se mostra con gañas de presentarse de novo á alcaldía .

Á xuíza Pilar de Lara chóvenlle paus dos seus superiores pola súa forma de tramitar as macrocausas

A Pilar de Lara chóvenlle recriminacións dos seus superiores na magistratura pola súa forma de tramitar a macrocausa da Pokemon. A Audiencia Nacional rexeita -e faio en termos moi duros- o sumario que lle remitiu a xuíza de Lugo sobre a investigación da trama en ducias de concellos de Galicia e Asturias.

Suspendida a declaración da alcaldesa de Lugo pola folga de Xustiza

Lara Méndez reduce a causa a "un problema administrativo" e o exalcalde considera que ambos sairán "absoltos".

Pilar de Lara cita á alcaldesa de Lugo por malversación

A titular do xulgado número 1 de Lugo, Pilar de Lara, citou a declarar á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, este mércores, a partir das 11:00 horas, como investigada por un suposto delito de malversación.

Nove anos despois, primeiro xuízo da Operación Pokemon

Tras a enorme lentitude da instrución da macrocausa que sacudiu a política galega, a primeira peza chega á fase de xuízo oral. O que fose responsáble da Confederación Hidrográfica enfróntase a cinco anos de cárcere por montar supostamente unha rede caciquil que incluía chofer particular, obras na súa leira e o envío de angulas.

O corporativismo

O corporativismo é un mal endémico que padecemos a maioría dos profesionais españois, e os xuíces non son unha excepción.

O TSXG pecha a causa dos agasallos de Monbus a Feijóo e Rueda

Arquiva así as actuacións iniciadas por Pilar de Lara ao non considerar que os feitos sexan "constitutivos de delito", igual que no caso de José Blanco e o de José Manuel Barreiro.

O Supremo rectifica á super-Xuíza Pilar de Lara

O tribunal especifica que non está probado que "a finalidade do agasallo fose para obter a compracencia da autoridade para favorecer os intereses do empresario".

Rexistran a Cámara de Comercio de Lugo por orde de Pilar de Lara

A investigación parte de informes sobre "irregularidades no seu funcionamento e xestión" durante os anos 2010 e 2011.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE