Nova denuncia formal contra o labor de Pilar de Lara

O Colexio de Avogados de Lugo presentou unha denuncia formal ante o Consello Xeral do Poder Xudicial polo atraso na instrución da causa dun ex-conselleiro.


|

O Colexio de Avogados de Lugo presentou unha denuncia formal ante o Consello Xeral do Poder Xudicial polo atraso na instrución da causa dun ex-conselleiro.



PEREZ LEMA

Xoán Antón Pérez Lema, letrado defensor de Fernando Branco 


En concreto, o Colexio tramita unha protesta do avogado do ex-conselleiro Fernando Branco (BNG), segundo informa Miguel Olarte hoxe en El Progreso. O letrado Xoán Antón Pérez Lema argumenta que a instrutora tarda meses, incluso un ano, en responder os seus escritos; cando responde, pois polo menos nun caso o defensor asegura que un recurso presentado en outubro de 2017 quedou sen resposta ata que formalizou a queixa.


FERNANDO BRANCO LEVA SETE ANOS PENDENTE DE XUÍZO

"Os atrasos e os incumplientos sistemáticos dos prazos conforman unha actuación do Xulgado gravemente indilixente, cando non maliciosa" argumenta a denuncia de Pérez Lema.


O seu cliente Fernando Branco foi imputado ao pouco de saltar a Operación Campeón. Mentres outros imputados foron condenados -como o ex-deputado do PP Pablo Cobián- ou exculpados -como o ex-parlamentario Javier Escribano (PP)-; o ex-conselleiro de Industria do bipartito e ex-deputado segue acusado desde 2011, cando dimitiu tamén do seu escano.


RECRIMINACIÓNS DE INSTANCIAS SUPERIORES

Hai unhas semanas unha inspección extraordinaria de o Consello Xeral do Poder Xudicial pasouse máis dunha semana examinando o xulgado de Pilar de Lara. Unha das causas desta inspección especial foi, precisamente, os atrasos na instrución das numerosas macrocausas que mantén abertas de Lara. Pérez Lema di que pediu falar cos inspectores pero que o Xulgado non o permitiu, polo que decidiu presentar a queixa formal.


Atrasos que xa lle supuxeron varias recriminacións en autos de instancias xudiciais superiores, algunhas moi duras, procedentes tanto da Audiencia Provincial como da Audiencia Nacional. Con todo, De Lara superou ata agora todos as inspeccións que o CGPJ fixo ao seu labor.


A denuncia de Pérez Lema súmase a outra queixa recente dunha procuradora, que protestou por non poder acceder a un expediente da Operación Pokemon. A maxistrada culpou do sucedido á falta de medios da Xunta e á pasada folga da Xustiza, segundo informou Confilegal.

relacionada Conclúe a inspección a Pilar de Lara case dúas semanas despois

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE