Pilar de Lara cita á alcaldesa de Lugo por malversación

A titular do xulgado número 1 de Lugo, Pilar de Lara, citou a declarar á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, este mércores, a partir das 11:00 horas, como investigada por un suposto delito de malversación.


|

A titular do xulgado número 1 de Lugo, Pilar de Lara, citou a declarar á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, este mércores, a partir das 11,00 horas, como investigada por un suposto delito de malversación.


A orixe da investigación está nunha querela presentada polo sindicato CSI-CSIF en relación co suposto atraso dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulaba a comisión de servizo dunha funcionaria municipal para o posto de letrada asesora do Concello.



Lara mendez


O prazo de execución da sentenza do TSXG, que anulaba esa comisión de servizo, concluía no mes de maio de 2016. Desde o Consistorio aclararon que a traballadora foi cesada no mes de xullo, dous meses despois.


Fontes municipais consideran que o Concello de Lugo "executou" a sentenza nun "tempo máis que razoable", considerando "a dificultade para a cobertura dun debido a que leva aparellado a representación e defensa da administración local e a necesidade de alterar o menos posible o normal funcionamento da mesma".


Tamén foron citados para declarar este mércores ante a xuíza o exalcalde Xosé López Orozco e a propia traballadora municipal. Foi o 20 de outubro do pasado ano, 2017, cando Pilar de Lara comunicou a citación para declarar como investigada á rexedora da cidade amurallada.


O Consistorio insiste en que se trata de "unha cuestión meramente administrativa, como é a execución dunha sentenza en materia de persoal que leva consigo o cambio de posto dunha funcionaria". Ademais, chaman a atención sobre "que se cuestione un prazo de dous meses para executar unha sentenza, tendo en conta que os procesos xudiciais están a alongarse durante anos e anos".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE