Galiciapress pecha o seu ciclo de entrevistas aos candidatos nas eleccións locais na cidade de Lugo, como xa fixo co candidato do BNG lucense Rubén Arroxo, a candidata de Cs Lugo Olga Louzao, a candidata do PPdeG Elena Candia e alcaldables de Pontevedra, Santiago, Ferrol, A Coruña, Ourense e Vigo.
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Galiciapress entrevista a algunhas das mulleres con máis peso na política galega das tres formacións presentes no Parlamento de Galicia para coñecer os seus puntos de vista.
Lara Méndez asinando o acordo co BNG de LugoFinal feliz para o PSdeG de Lara Méndez.
Unha cidade que medra a partir da economía verde e do turismo sostible. Lara Méndez (1972) explica nesta entrevista con Galiciapress o seu plan para Lugo para os próximos catro anos. As enquisas sitúana con moitas opcións de liderar un goberno de esquerdas, pero advirte que se as dereitas suman PP e Ciudadanos xa dixeron que non terían problema en pactar cun Vox que rondou o 7% dos votos nas xerais. A política de pactos postelectoral, as medidas a prol da igualdade e as relacións coa Xunta son outros dos temas desta conversa.
O actual Delegado de la Xunta na Provincia de Lugo ocupará posto de saída na lista conservadora na capital lucense. Ademais, José Manuel Balseiro Orol será o candidato designado para a difícil tarefa de tentar reconquistar a Deputación de Lugo. Así llo confirmaron a Galiciapress fontes próximas ao PP lucense tras semanas de rumores neste sentido.
O programa 'Lugo con corazón' dotará de 73 desfibriladores semiautomáticos á cidade e formarase a funcionarios e voluntarios en labores de reanimación.
A falta de consenso co resto de grupos do concello lucense leva ao goberno de Lara Méndez a buscar “outros instrumentos”. Doutra banda, a alcaldesa anunciou a solución do problema da auga no recinto feiral do San Froilán
O portavoz municipal do BNG considera "indignante" que, "en pleno 2018", a alcaldesa da cidade "pida axuda a San Roque" para frear a praga da avispa velutina
A alcaldesa de Lugo non se morde a lingua cando se lle pregunta pola sentencia á Manada. “Volvemos todos a ser violados novamente”, di nesta entrevista con Galiciapress. O ascenso do Breogán, a situación das contas do concello e a lea con Martínez na Deputación son outros temas da conversa cunha Lara Méndez que se mostra con gañas de presentarse de novo á alcaldía .
O executivo do PSdeG, que goberna en minoría, tivo que presentar unha moción de confianza. Pasado o prazo legal sen que a oposición tomase a iniciativa, os orzamentos serán aprobados oficialmente nos próximos días.
Lara Méndez reduce a causa a "un problema administrativo" e o exalcalde considera que ambos sairán "absoltos".