Lugo únese contra o intento de eliminar ata catro licenciaturas do seu campus

O presidente da deputación de Lugo, Darío Campos, a alcaldesa, Lara Méndez, e o reitor da USC, Antonio López, coincidiron en rexeitar a supresión de graos no campus de Lugo.

|

A provincia e a cidade, pese ao esforzo investidor destes anos, poderían quedar sen catro enxeñerías: Civil, de Procesos Químicos Industriais e Forestal


O presidente da deputación de Lugo, Darío Campos, a alcaldesa, Lara Méndez, e o reitor da USC, Antonio López, coincidiron en rexeitar a supresión de graos no campus de Lugo. Serían catro os graos, que se está valorando suprimir, todos eles de enxeñería: Civil, de Procesos Químicos Industriais, Forestal e outro grao vinculado a procesos agrícolas.



Campus de lugo foto da usc


Un rexeitamento que trasladaban á prensa despois da firma de un convenio entre universidade e deputación, por un importe de doce mil euros.


Darío Campos puxo en valor a "colaboración coa USC, con máis de 5 millóns de euros desde fai catro anos, e como exemplo está a granxa experimental de leite e os 900 alumnos que puideron acceder a axudas para pagar a metade da matrícula".


"TRES MILLÓNS" DE BENEFICIOS MENSUAIS

Así, o presidente provincial, asegurou que a Deputación "non vai permitir que se faga ningún recorte en graos ou titulacións na provincia, porque o campus xera a día de hoxe cos estudantes que hai máis de tres millóns de euros de beneficios ao mes".


"Creo que é importante para a provincia, para a sociedade lucense, manter todos os graos e si hai que facer algunha reestruturación haberá que negociala", razoaba.


ARGUMENTOS DA USC

O reitor, Antonio López, despois de agradecer "a aposta que se fai desde a Deputación e o Concello polo campus e pola universidade", apresurouse en aclarar que se está en fase de "revisión de oferta de títulos".


López concretou que se trata de "readaptar a oferta ás necesidades, á empleabilidade, á demanda" e estanse "revisando títulos para implantar novos títulos". "Pero non imos pola vía de reducir a oferta de títulos, senón simplemente reformular para facer unha oferta formativa o máis atractiva posible".


A ALCALDESA, CONTUNDENTE

Finalmente, a alcaldesa Lara Méndez plantábase dicindo que Lugo non vai sufrir " ningunha redución máis, porque Lugo xa sufriu unha redución de titulacións".


"Hai que transmitir tranquilidade, porque esta incerteza que estamos a xerar pode provocar que xente que queira vir estudar a Lugo pénseo e cambie de opción. É importante saír de aquí cunha mensaxe de tranquilidade", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE