O novo barrio verde da Garaballa en Lugo será un "modelo para seguir en Europa"

O novo barrio multiecológico da cidade de Lugo construirase con altas miras para converterse nun proxecto pioneiro e un referente en España e Europa nas "medidas sustentables tanto no concepto de barrio como na planificación urbanística e edificatoria" que, ademais "mellorará a calidade de vida".

|

O Concello de Lugo presenta aos veciños afectados un dos proxectos urbanísticos máis ambiciosos e innovadores da historia recente de Galicia


O novo barrio multiecolóxico da cidade de Lugo construirase con altas onxectivos para converterse nun proxecto pioneiro e un referente en España e Europa nas "medidas sustentables tanto no concepto de barrio como na planificación urbanística e edificatoria" que, ademais "mellorará a calidade de vida".


Presentación do barrio multiecológico da Garaballa en Lugo

Así o explicou este xoves a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, na presentación do proxecto á veciñanza luguesa e, concretamente, do barrio da Garaballa, onde se van a acometer as novas construcións e obras.

A idea é que esta zona da cidade "integre na medida do posible as edificacións xa existentes nesta zona, excepto aquelas que supoñan un gran impacto ambiental". En total, son 268 (o 92% das edificacións) as que poderán seguir en pé, segundo un estudo da empresa que deseña as bases do novo barrio, a UTE Avento-Proy.

Os 22 restantes supoñen un alto impacto ambiental, catro son vivendas fóra de ordenación, abandonadas e deshabitadas, e 18 son elementos auxiliares que están construídos no seu maior parte con fibrocemento (un material altamente contaminante), chapa, plásticos ou restos de obra.

BARRIO VERDE
Pola súa banda, Lara Méndez comentou que esta aposta verde no espazo urbano --o que define como aldea urbana-- permitirá unha "mellor calidade de vida", así como tamén permite "loitar contra o cambio climático", un reto e unha oportunidade que xorde para "xerar unha contorna urbana equilibrada, habitable e sustentable".

Baixo esta premisa, os veciños serán capaces de adquirir novos hábitos de vida máis saudables e o sector forestal atopará unha forma de impulsarse, xa que "a madeira será parte fundamental da estrutura dos edificios", explicou Mendez. "Lugo poderá e deberá enorgullecerse do baixo nivel de CO2 que emitamos á atmosfera porque significará que estamos a dar grandes pasos para deixar un muller mellor aos nosos fillos", engadiu.

INTEGRACIÓN SOCIAL
Da mesma maneira que se busca potencial o ámbito económico, a alcaldesa luguesa non esquece a importancia do social. O proxecto "busca garantir a inclusión e a equidade social e interxeracional, así como promover a saúde e o benestar mediante o desenvolvemento dunha aldea urbana que proporcione á veciñanza un amplo abanico de usos no barrio".

Os principais obxectivos radican na vivenda, o transporte, as instalacións e servizos recreativos e comunitarios, os espazos públicos e o pequeno comercio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE