Balseiro, probable candidato do PP en Lugo e á presidencia Deputación
O actual Delegado de la Xunta na Provincia de Lugo ocupará posto de saída na lista conservadora na capital lucense. Ademais, José Manuel Balseiro Orol será o candidato designado para a difícil tarefa de tentar reconquistar a Deputación de Lugo. Así llo confirmaron a Galiciapress fontes próximas ao PP lucense tras semanas de rumores neste sentido.
O actual Delegado de la Xunta na Provincia de Lugo ocupará posto de saída na lista conservadora na capital lucense. Ademais, José Manuel Balseiro Orol será o candidato designado para a difícil tarefa de tentar reconquistar a Deputación de Lugo. Así llo confirmaron a Galiciapress fontes próximas a o PP lucense tras semanas de rumores neste sentido.
Ditas fontes sitúan a Balseiro como número 2 de Ramón Carballo na cidade. O home forte de Feijóo na provincia tería así unha posición protagonista para tentar o asalto ao Pazo Provincial.
Conquista que parece complicada, vistos os resultados da última enquisa publicada para a capital. Sondaxe prevé que o PP perda un concelleiro a favor da entrada de Vox na corporación. Cos dous deputados nos que se estancaría Cidadáns, as dereitas non sumarían suficiente para desbancar a Lara Méndez, se a socialista -que gañaría un concelleiro- non suscita o veto de BNG e as mareas. Ademais, está por ver como afecta no rural a previsible maior atomización do sufraxio dada a puxanza de novas formacións.
Resultados da enquisa de @isondaxe para @lavozdegalicia sobre a intención de voto dos galegos para as eleccións municipais https://t.co/NKuPgbGn0n pic.twitter.com/uf0m0h93ME
— Instituto Sondaxe (@isondaxe) 10 de febreiro de 2019
O PP de Lugo vive tempos convulsos. Os líderes de Monforte e Ribadeo marcháronse do partido no medio de duras críticas á dirección de Elena Candia e, no caso de Ribadeo, ao propio Balseiro, orixinario da Mariña.
Escribe o teu comentario