O actual Delegado de la Xunta na Provincia de Lugo ocupará posto de saída na lista conservadora na capital lucense. Ademais, José Manuel Balseiro Orol será o candidato designado para a difícil tarefa de tentar reconquistar a Deputación de Lugo. Así llo confirmaron a Galiciapress fontes próximas ao PP lucense tras semanas de rumores neste sentido.