A inspección "extraordinaria" ao xulgado de Pilar de Lara prolóngase máis do habitual

A inspección do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) a un xulgado dura normalmente dous ou tres días. A inspección ao Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo dura xa unha semana, continúa e, segundo fontes oficiais do TSXG consultadas por Galiciapress, é "extraordinaria".



|

A inspección do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) a un xulgado dura normalmente dous ou tres días. A inspección ao Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo  dura xa unha semana, continúa e, segundo fontes oficiais do TSXG consultadas por Galiciapress, é "extraordinaria".



Lara lugo pokemon 620x350

Pilar de Lara


A prolongación da revisión ao Xulgado de Pilar de Lara pódese deber ao enorme volume e importancia das causas que instrúe. Entre outras, moitos preitos sobre a corrupción, como a Operación Pokemon e derivadas, Cóndor e Pulpo.


A semana pasada fontes oficiais do CGPJ comunicaran que se trataba de unha inspección "ordinaria". De feito, o calendario ordinario da Unidade Inspectora Penal para este ano xa prevía que se acudise ao citado xulgado.


Agora confírmase, pois, que o exame pode ter que ver coas queixas sobre as lentas instruciones de De Lara. Son varias as ocasións en que a Audiencia Nacional e a Audiencia Provincial han reprendido á xuíza por extralimitarse nas súas investigacións, algunhas das cales acumulan máis dun lustro de instrución.


O TSXG confirma que son tres os inspectores están a examinar os procedementos e que "non acabaron aínda". Non dá prazos para a finalización e indica que "os resultados das inspeccións non son públicos", polo menos en principio.


Segundo Miguel Olarte en Ol Progreso, De Lara, con fama de minuciosa, respondeu aos seus inspectores con 200 folios de alegacións. Os inspectores entrevistáronse tamén cos seus superiores lucenses e co Colexio de Avogados, entre os que a forma de tramitar de De Lara provocou bochas. Como tamén as levantou entre a cúpula política e económica lucense, pois mantén imputados a gran cantidade de políticos e empresarios, que levan anos coas súas carreiras no limbo.


É posible que a inspección acabe suscitando un expediente sancionador á xuíza. Ou non, porque o certo é que non é a primeira inspección á que é sometida, sen máis reprimenda oficial que as dilixencias informativas agora en marcha.

relacionada Inspección "ordinaria" no xulgado de Pilar de Lara
relacionada Á xuíza Pilar de Lara chóvenlle paus dos seus superiores pola súa forma de tramitar as macrocausas
relacionada Pau á instrución de Pilar de Lara na Pokemon

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE