Moitos empresarios e políticos galegos respiran máis aliviados a esta hora. A maxistrada que instrúe pezas contra a corrupción tan importantes como a Operación Pokemon foi apartada do seu xulgado polo órgano de goberno dos xuíces españois. Só lle queda levar a súa suspensión ante o Supremo -que é moi difícil que atenda o seu recurso- e despois previsiblemente ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE).
As posibilidades do recurso que presentará Pilar de Lara contra a súa inhabilitación por sete meses e un día nace lastrada pola unanimidade alcanzada na Comisión Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial. Todos o seu integrantes apoiaron unha sanción especialmente relevante porque, ao ser maior de 7 meses, implica que perdería a súa praza no Xulgado de Instrución número 1 de Lugo e, por tanto, as investigacións sobre importantes políticos e empresarios cambiarían de instrutor.
O fiscal e o promotor do expediente contra a maxistrada de Lugo publicaron as súas peticións de castigos e as noticias non son nada positivas para Pilar de Lara. A xuíza é responsable dalgunhas das causas contra a corrupción máis importantes de Galicia, algunhas levan lustros empantanadas na instrución e acumulan reveses xudiciais dos seus superiores.
A titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, non será apartada da carreira xudicial, no marco do expediente disciplinario por dilacións indebidas nas causas aberto fai un par de meses polo Consello Xeral do Poder Xudicial contra a maxistrada lucense.
O interrogatorio á xuíza -que se enfronta a un expediente disciplinario prolongouse máis do previsto. A expedientada alega que algunhas causas teñen máis folios que o preito do 11M. A extensión das investigacións pedindo informes innecesarios é, precisamente, unha das acusacións dos seus críticos. E é que algunhas das súas instrucións duran, como a Carioca, duran xa máis de 10 anos e son varios os políticos que ao final foron absoltos por instancias superiores.
A inspección do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) a un xulgado dura normalmente dous ou tres días. A inspección ao Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo dura xa unha semana, continúa e, segundo fontes oficiais do TSXG consultadas por Galiciapress, é "extraordinaria".
O xulgado de Pilar de Lara está a ser inspeccionado polo Servizo de Inspección do Consello do Poder Xudicial. Fontes oficiais do organismo de goberno dos xuíces así o confirmaron hoxe a Galiciapress.
Xuíces da Coruña critican que non haxa "medidas de reforzo" fronte a avalancha de demandas prevista. Avogados coruñeses ofrecen o seu asesoramento gratuíto aos afectados.