Malestar entre os xuíces polo plan do CGPJ ante as claúsulas chan

Xuíces da Coruña critican que non haxa "medidas de reforzo" fronte a avalancha de demandas prevista. Avogados coruñeses ofrecen o seu asesoramento gratuíto aos afectados.


|

Juezmazo960x412


Xuíces de primeira instancia da Coruña expresaron o seu malestar pola forma en que se pretende poñer en marcha o plan do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) para facer fronte ás posibles demandas polas cláusulas chan.


Como resultado da reunión da xunta sectorial mantida por estes xuíces (con excepción dos de Familia), enviaron un comunicado no que denuncian "escurantismo" na aplicación deste plan, polo que, no caso da provincia da Coruña, recaerían estas demandas no xulgado de primeira instancia número 7.


Por outra banda, sinalan que atribuír esta competencia ao citado xulgado "sen medidas de reforzo oportunas supoñerá unha sobrecarga de traballo inasumible e intolerable para un órgano xudicial xa de si sobrecargado de traballo".


Por iso, entre outras cuestións, estes xuíces expoñen a "necesidade" de que se designe, desde o inicio e non unha vez que se supere un determinado número de asuntos, un xulgado de reforzo "nos mesmos termos en que se fixo para afrontar a problemática das participacións preferentes e obrigacións subordinadas".


ASESORAMENTO GRATUÍTO A AFECTADOS


Avogados da Coruña prestarán asesoramento gratuíto a afectados por cláusulas chan, en virtude dun convenio subscrito entre o decano da entidade colexial, Augusto Pérez-Cepeda Vila, e o alcalde, Xulio Ferreiro.


Entre os servizos que levarán a cabo dentro deste asesoramento previo á vía xudicial, "atópase a identificación dos casos nos que foron aplicadas este tipo de cláusulas consideradas abusivas por varias sentenzas xudiciais", explica a entidade colexial.

relacionada A fin das cláusulas chan cústalles 3.700 millóns aos bancos
relacionada O Supremo aplica a retroactividade total ás cláusulas chan
relacionada Galicia podería ter xulgados específicos para os casos de cláusulas chan

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE