De Lara acelera as súas investigacións pendente da sanción por atrasos, que chegará tras o verán

O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aprazou ata despois do verán a revisión da sanción imposta na a xuíza Pilar de Lara de sete meses e un día de emprego e soldo, o que carrexa cambio de destino e a súa separación das causas que instrúe motivada pola "desatención" e os "atrasos inxustificados" nos casos.

|

O defensor da xuíza argumenta que a xuíza "está tentado acabar todos os procedementos que están en trámite". O órgano de goberno dos xuíces reunirase despois do verán para ver se mantén a sanción inicial, que supón na práctica o seu traslado de Lugo, polo que perdería a instrución de sumarios tan importantes para a política galega como a Pokemon.


O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aprazou ata despois do verán a revisión da sanción imposta na a xuíza Pilar de Lara de sete meses e un día de emprego e soldo, o que carrexa cambio de destino e a súa separación das causas que instrúe motivada pola "desatención" e os "atrasos inxustificados" nos casos.


A titular do Xulgado de instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara.


Diso informou o avogado da maxistrada, Agustín Azparren, que precisou que o recurso presentado contra a sanción non será abordado no último pleno do Consello, que se celebrará a finais do presente mes de xullo.

A seguinte convocatoria será tras o período estival, no mes de setembro, aínda que "tampouco é seguro" que se vaia a producir na primeira reunión despois do verán, apunta Azparren.

"Como é un expediente bastante voluminoso e que ten moito para estudar no recurso, como moi pronto sería setembro, pero tampouco é seguro", insistiu o letrado de Pilar de Lara.

Así mesmo, Azparren afirma que non descarta presentar máis documentación. "No caso de que transcorrese algún tempo máis, o único que se podería presentar é unha certificación do estado en que se achan todos os procedementos e como se van acabando moitas das causas polas que se abriu o expediente disciplinario polo suposto atraso", indicou.

ACELERÓN FINAL
"Moitas delas xa están acabados ou se terminou a tramitación que dependía da xuíza e por tanto poderase presentar algunha certificación máis de como están eses procedementos", engade Azparren sobre esas 'macrocausas' que instrúe Pilar de Lara, como a 'Carioca' sobre redes de prostitución ou a 'Pokémon' acerca de mordidas a políticos a cambio de concesións públicas.

Finalmente, o avogado sostén que a xuíza "está a tentar acabar todos os procedementos que están en trámite, aínda que moitos non dependen dela senón de informes, de actuacións, de inhibicións, pero no que son actuacións que leva ela está a procurar resolver todo o que queda pendente".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE