Este xoves saberase se Pilar de Lara perde a súa praza de xuíza en Lugo

O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial que se reunirá este xoves examinará o recurso á sanción imposta á xuíza do un de Lugo, Pilar de Lara, de sete meses e un día de suspensión de emprego e soldo, que carrexa perdida de destino.

|

Se se mantén a sanción por atrasos indebidos, a instrutora de causas tan importantes como a Operación Pokemon sairá dos xulgados de Lugo. O seu letrado xa adianta que están dispostos a alongar o caso levándoo ao Tribunal Supremo.


O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial que se reunirá este xoves examinará o recurso á sanción imposta á xuíza do un de Lugo, Pilar de Lara, de sete meses e un día de suspensión de emprego e soldo, que carrexa perdida de destino.



A titular do Xulgado de instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara.


Así o confirmou o avogado da xuíza, Agustín Azparren, quen asegurou que "se se resolve no pleno de mañá", xa estaría resolta a vía administrativa que decide o consello e "abriríase a posibilidade de ir en (recurso) casación ao Tribunal Supremo"


POSIBILIDADE DE RECURSO

Pilar de Lara foi sancionada por dilacións indebidas nos distintos procesos e macrocausas que segue a xuíza como a operación Carioca, sobre redes de prostitución, a Pokémon e o Garañón, sobre corrupción política.

En caso de confirmarse a sanción, estes procesos pasarían ao xuíz que viría ocupar a praza de De Lara no xulgado número uno de Lugo. A pesar diso, Azparren incidiu en que "hai a posibilidade de solicitar a suspensión da execución da sanción" e que non se faga efectiva "ata que resolva o Tribunal Supremo" (unha espera de dous meses).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE