As dereitas españolas tíranse ao monte

Manoel Barbeitos
Economista

Golpe de estado executado con aleivosía porque na votación participaron os maxistrados directamente afectados pola renovación proposta ao Senado

El presidente del Partido Popular, Alberto Nu00fau00f1ez Feiju00f3o, en el Palacio de Congresos Pru00edncipe Felipe, a 19 de diciembre de 2022, en Oviedo
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, no Palacio de Congresos Príncipe Felipe, a 19 de decembro de 2022, en Oviedo

Nestes días producíronse en España uns feitos políticos de extrema gravidade, aínda que de moi diferente intensidade, que poñen en evidencia o particular concepto que da democracia teñen as dereitas españolas e que podemos resumir na seguinte principio: "votade o que queirades que aquí  somos nos os que mandamos".

 

O mais relevante e mais grave sen dúbidas foi a resolución do Tribunal Constitucional que me leva a unhas primeiras reflexións derivadas de teses xa expostas neste mesmo medio  (https://gal.galiciapress.es/artigo/opinion/2022-09-21/3898063-avance-totalitarismos-europa) Fai unhas semanas Brasil era noticia internacional por que o candidato perdedor das eleccións democráticas (o señor Jair Bolsonaro) non recoñecía a súa derrota e chamaba a un golpe de estado que impedira que o candidato vencedor (Luiz Inacio Lula da Silva) tomara posesión dunha presidencia que o pobo brasileiro, cos seus votos, lle entregara.  Moito antes na democracia mais veterana do mundo (Estados Unidos) o candidato perdedor das eleccións presidencias (o señor Donald Trump) tiña tomado a mesma decisión tamén co gallo da súa derrota e lonxe de recoñecelo resultado animaría aos seus seguidores a non dalo por válido o que lles empuxaría a intentar o asalto ao Capitolio. Hoxe, en España seis maxistrados do Tribunal Constitucional (os/as señores/as Alcubrillas, Espejel, Arnaldo, Gonzalez Trevijano, Narvarez e Losada), co apoio das dereitas españolas, que lideradas polo señor Nuñez Feijoo parecen quereren desempoar o seu uniforme franquista, dan un golpe de estado xudicial e impiden que o Senado, que representa xunto co Congreso ao pobo español (C.E. art. 66.1), exerza unhas funcións que lle son propias por mandato constitucional (C.E. art. 66. 2). Un golpe de estado feito ademais con aleivosía por que, como xa é sabido, na votación da suspensión dunha resolución que fora aprobada anteriormente polo Congreso dos Deputados participaron, e votando a favor da mesma, os maxistrados cuxo mandato tiña caducado fai medio ano e que, polo tanto, eran os directamente afectados pola renovación proposta ao Senado: resumindo o TC impídelle ao Senado exercela súa función o que sucede por primeira vez en España -non sei si en Europa- e que senta un terrible precedente ao afectar a autonomía e potestade lexislativa do Congreso quen representa ao pobo español. 

Feijóo ponse a par de Jair Bolsonaro, Donald Trump, Silvio Berlusconi, Viktor Orbán... e outros líderes totalitarios que buscan impedir o normal funcionamento da democracia

 

Nos tres casos citados afortunadamente as democracias mostran seren quen de resistir o golpe das forzas totalitarias poñendo en evidencia a súa solidez e apoio social. Pero, no noso caso particular e para a memoria dos pobos de España, quedara gravada en negro a data do 19 de decembro do 2022 como aquela na que as dereitas españolas intentaron un novo golpe de estado -agora xudicial-. Unha data na que tamén o señor Alberto Núñez Feijoo se puxo, como estadista, a altura dos señores Jair Bolsonaro, Donald Trump,  Silvio Berlusconi,  Viktor Orbán....e demais lideres totalitarios que buscan impedir o normal funcionamento da democracia si, por caso, os seus intereses políticos e particulares non saen favorecidos.

Un golpe de estado dos chamados brandos que tapou outra decisión xudicial tamén moi significativa: nese mesmo día a Audiencia Provincial decide arquivar a investigación sobre a caixa b do Partido Popular (PP) "ao non quedar debidamente xustificada a perpetración dos delitos que deron motivo a formación da causa".

Como telón de fondo a evidencia política de que o Partido Popular, con o señor Alberto Núñez Feijoo ao fronte, quere disputarlle a VOX o apoio do electorado de extrema dereita sen por elo importarlle a onde pode levar as regras dun sistema democrático. 

 

Finalmente e para mellor entender esta resistencia a renovación tanto do TC como do CGPJ téñase en conta que está en xogo o "control" da sala do Penal auténtico pesadelo do Partido Popular polos incontables casos de corrupción nos que se atopa implicado e que afectan a uns 500 dos seus membros entre cargos públicos, dirixentes e directivos.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE