Inspección "ordinaria" no xulgado de Pilar de Lara

O xulgado de Pilar de Lara está a ser inspeccionado polo Servizo de Inspección do Consello do Poder Xudicial. Fontes oficiais do organismo de goberno dos xuíces así o confirmaron hoxe a Galiciapress.



|

O xulgado de Pilar de Lara está a ser inspeccionado polo Servizo de Inspección do Consello do Poder Xudicial. Fontes oficiais do organismo de goberno dos xuíces así o confirmaron hoxe a Galiciapress.



Pilardelara


Iso si, desmenten, como afirmaron algúns medios estes días, que sexa unha inspección extraordinaria relacionada cos atrasos na instrución das macrocausas contra a corrupción (a Pokemon entre outras) ou os numerosos paus que outros maxistrados asestaron contra varias resolucións saídas do Xulgado número 1 de Lugo.


A última desas desautorizacións é moi recente. A Audiencia Provincial de Lugo estima varios recursos do dono de Monbús, Raúl López. Os maxistrados ordenan a De Lara centrarse nos feitos concretos da instrución, os presuntos pagos en B das filial Viaxes Inter Rías a outras empresas do grupo de transporte. 


Non é a primeira, nin a segunda vez que outras instancias superiores frean o ansia investigadora de De Lara. A Audiencia Nacional fíxoo en varias ocasións, desautorizando investigacións emanadas da Pokemon en zonas como Asturias ou Levante. A xuíz da Audiencia Nacional Carmen Lamela mesmo reprochoulle que seguise instruíndo unha causa durante anos pese inhibirse previamente.


A pesar disto, as fontes oficiais do CGPJ insisten en que "inspeccións hai moitas", cualifican a actual de "ordinaria" e insisten en que non hai un motivo concreto polo cal De Lara é sometida a exame. As mesmas fontes indican que a inspección pode durar varios días. Se unha vez finalizada a inspección descóbrense irregularidades, entón o CGPJ tomará medidas e dará explicacións, apuntan. 


O labor dos tres inspectores no xulgado número de 1 é potencialmente moi importante para a vida política e económica galega. De Lara mantén abertos desde hai anos multitude de sumarios ( os referidos á Operación Carioca, os agasallos de Monbús a políticos,  o marido de Paula Prado, as múltiples ramas da Pokemon, etc.) sen que apenas ningún preito chegase á fase  oral.  Este lento avance dos sumarios provocoulle á xuíza non poucas inimizades entre  a cúpula política e empresarial e tamén entre algúns compañeiros da carreira xudicial.



relacionada Á xuíza Pilar de Lara chóvenlle paus dos seus superiores pola súa forma de tramitar as macrocausas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE