Á xuíza Pilar de Lara chóvenlle paus dos seus superiores pola súa forma de tramitar as macrocausas

A Pilar de Lara chóvenlle recriminacións dos seus superiores na magistratura pola súa forma de tramitar a macrocausa da Pokemon. A Audiencia Nacional rexeita -e faio en termos moi duros- o sumario que lle remitiu a xuíza de Lugo sobre a investigación da trama en ducias de concellos de Galicia e Asturias.


|

A Pilar de Lara chóvenlle paus dos seus superiores na maxistratura pola súa forma de tramitar a macrocausa da Operación Pokemon. A Audiencia Nacional rexeita -e faio en termos moi duros- o sumario que lle remitiu a xuíza de Lugo sobre a investigación da trama en ducias de concellos de Galicia e Asturias.



DeLara


Non é a primeira vez que lle pasa algo así á xuíza de Lugo. A Audiencia Provincial de Lugo anulou hai pouco as investigacións  en Levante (Lorca, Murcia, Elda e outras localidades). Os maxistrados tivéronlle que lembrar a De Lara que neses municipios "non é competente" para seguir avanzado nas investigacións, polo que anulan as probas solicitadas. Deberíanas facer xulgados locais ou a Audiencia Nacional, argumentan desde a Audiencia Provincial.


De Lara non se amedrentou e , segundo El País, mantén citados a varios políticos nesta causa, incluída unha senadora, para declarar neste caso. Faino porque ao parecer ninguén lle notificou que non é competente, coñeceu o ditame dos seus compañeiros a través da prensa. Un síntoma da enorme tensión que desatou as actuacións da titular do xulgado número 1 de Lugo entre boa parte da xudicatura e das cúpulas de poder político e empresarial.  


Tras o pau por Levante, agora cáelle outro pola investigación das concesio´ns da auga en Galicia e  Asturias. Segundo adiantou Confilegal, a titular de o Xulgado Central de Instrución 3 da Audiencia Nacional, Carmen Lamela, botarlle en cara que, a pesar de carecer de competencias e inhibirse, seguise ordenando dilixencias durante 30 meses , disparando así o número de tomos da causa.


"Pese ao ditado do auto de data do 28 de xullo de 2015 polo que se acorda a inhibición, sen que tampouco se exprese nin argumente cal é o motivo para persistir durante máis de 6 anos nesa actuación, e para remitir o testemuño das actuacións dous anos e medio despois do ditado de inhibición, cunha adición de 35 tomos máis, ata un total de 40 nos cales se documentaron as actuacións”, di o auto. 


Lamela considera que De Lara pasou 30 meses instruíndo un caso sen ter competencia e, de feito, cando xa o remitía á Audiencia Nacional: “se mantivo a competencia durante un tempo prolongado e adoptáronse importantes inxerencias sen que existan motivos que xustifiquen a resolución de inhibición, como ocorreu no caso que nos ocupa”.


Como pode afectar este rexeitamento por parte da Audiencia Nacional do sumario á investigación da Pokemon? Está por ver, pero é evidente que a instrución queda cuestionada en sede xudicial antes de concluír.


O auto de Lamela non é unha cuestión menor, especialmente tendo en conta a gravidade dos doce presuntos delitos que identifica De Lara: suborno, falsidade en documento mercantil, tráfico de influencias, fraudes ás Administracións Públicas, uso de información privilexiada, prevaricación, 3 de falsificación -en documento privado, público e mercantil-, contra a facenda pública, branqueo de capitais e asociación ilícita. Deses doce delitos a Audiencia Nacional lembra que ela só podería ser competente nun.


Por ese e outros defectos de forma a Audiencia Nacional devólvelle o sumario a Lugo. No caso de Levante, De Lara respondeu o pau de Audiencia Provincial elevando a cuestión ao Supremo para aclarar competencias, sen que aínda haxa resposta. 


Toda unha maraña xudicial produto dunha instrución que moleta en moitos ámbitos e da que dependenten moitas carreiras políticas e profesionais. Por exemplo, só da parte que agora rexeita a Audiencia Nacional hai pendentes investigacións en 17 municipios galegos e 7 asturianos, incluído Oviedo, onde está imputado o exalcalde Agustín Iglesias. 


As primeiras detencións das decenas realizadas durante a Operación Pokemon foron en setembro de 2012. Máis de cinco anos despois, non hai ningunha sentenza. De Lara só conseguiu pechar a instucción da parte que afecta a Francisco Fernández Liñares, ex-presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, para o que a fiscalía pide cinco anos de prisión . O exconcelleiro de Lugo segue defendendo o seu inocencia

relacionada Pau á instrución de Pilar de Lara na Pokemon

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE