A presunta filtración de sumarios desde o Xulgado de Pilar de Lara está xa sendo investigada pola Fiscalía de Lugo. Así llo confirmaron hoxe fontes oficiais da Fiscalía Superior de Galicia a Galiciapress. Un turbio asunto, que pode ter consecuencias en importantes sumarios sobre corrupción.
O fiscal e o promotor do expediente contra a maxistrada de Lugo publicaron as súas peticións de castigos e as noticias non son nada positivas para Pilar de Lara. A xuíza é responsable dalgunhas das causas contra a corrupción máis importantes de Galicia, algunhas levan lustros empantanadas na instrución e acumulan reveses xudiciais dos seus superiores.
A titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, non será apartada da carreira xudicial, no marco do expediente disciplinario por dilacións indebidas nas causas aberto fai un par de meses polo Consello Xeral do Poder Xudicial contra a maxistrada lucense.
O Promotor de Acción Disiciplinaria abriu expediente disciplinario a Pilar de Lara en virtude de tres artigos da Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPJ), segundo confirmaron hoxe fontes oficiais do Consello Xeral do Poder Xudicial a Galiciapress, un dos cales podería supoñer incluso a saída da maxistrada da carreira xudicial.
A Audiencia Provincial dita o "sobresemento provisional" do ex-alcalde de Lugo nunha parte da Operación Pokemon. É a sexta desimputación ao ex-líder do PSOE lugués e un novo pau dos seus superiores á instrutora. Desde a Deputación reclámase un exame do polémico labor da xuíza.
A inspección do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) a un xulgado dura normalmente dous ou tres días. A inspección ao Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo dura xa unha semana, continúa e, segundo fontes oficiais do TSXG consultadas por Galiciapress, é "extraordinaria".
A Pilar de Lara chóvenlle recriminacións dos seus superiores na magistratura pola súa forma de tramitar a macrocausa da Pokemon. A Audiencia Nacional rexeita -e faio en termos moi duros- o sumario que lle remitiu a xuíza de Lugo sobre a investigación da trama en ducias de concellos de Galicia e Asturias.
Os superiores da xuíza que instrúe a Operación Pokemon deixan sen efecto varias probas solicitadas en diversas localidades e, ademais, rexeitan recursos contra a ampliación do prazo da instrución. Pilar de Lara ten prazo para seguir investigando ata o verán de 2019.
Tras a enorme lentitude da instrución da macrocausa que sacudiu a política galega, a primeira peza chega á fase de xuízo oral. O que fose responsáble da Confederación Hidrográfica enfróntase a cinco anos de cárcere por montar supostamente unha rede caciquil que incluía chofer particular, obras na súa leira e o envío de angulas.
O día 20 de xuño non acudiu alegando que reside no estranxeiro | A xuíza cítao para o día 3 de xullo ás 10,00 no xulgado de Lugo.