Pilar de Lara recorre ante o Constitucional a sanción por atrasos que lle fixo perder o xulgado de Lugo

A xuíza levou casos mediáticos como a operación Carioca ou os casos Pokemon e Garañón

|

A práctica totalidade das instrucións da xuíza contra a corrupción están a acabar en auga de borraxes porque os seus superiores aprecian erros nas súas enciclopédicas investigacións


Tras a sanción por atrasos nos trámites, De Lara exerce en Ponferrada. Agora o seu avogado espera que o Constitucional levante a sanción do Supremo, algo que sería sorprendente teniendo en cuenta os antecedentes sobre resolucións de sancións a xuíces


De lara


 

A ex xuíza do Xulgado de Instrución Número uno de Lugo, Pilar de Lara, levará ao Tribunal Constitucional a súa saída do xulgado, despois da sanción que lle impuxo o Consello Xeral do Poder Xudicial e que a apartou deste xulgado por "dilacións indebidas", entre outras cuestións.

CAMIÑO A ESTRASBURGO
O avogado, Agustín Azparren, precisou que chegarán ao Constitucional logo de esgotar "" todos os recursos ante o Tribunal Supremo, o último, un incidente de nulidade que tampouco foi aceptado.

"A idea era esgotar todos os recursos, queda o de amparo ante o Tribunal Constitucional e si se rexeitase sempre queda o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos", advertiu.

CAMBIO DE CRITERIO DA INSPECCIÓN
Azparren concretou que "na fase que estamos agora, estamos dentro do prazo para recorrer en amparo ante o Tribunal Constitucional e presentarase o recurso". Teñen de prazo un mes para formular dicha casación.

"Hai unha primeira fase de admisión, que é un filtro que non pasan moitos recursos, despois o recurso de amparo e finalmente o que resolva o alto tribunal", constataba o letrado madrileño.

Agustín Azparren explicou que "o que se examina son vulneración de dereitos fundamentais". "Algúns dos argumentos que se foron utilizando nos recursos anteriores, pero máis enfocado na vulneración de dereitos fundamentais", insistiu sobre o eixo en que virará o recurso.

Ao Constitucional apelarán "porque hai un proba que se denegou, e que é fundamental, dado que se comentou que a inspección do Consello Xeral do Poder Xudicial sempre daba informes moi positivos, destacando a laboriosidade de Pilar de Lara e de súpeto hai unha inspección extraordinaria e bótaselle practicamente a culpa de todo a ela", indica.

"PERSOA DE GRAN LABORIOSIDADE"
"Curiosamente dúas dos inspectores, dos que fixeron esa última inspección, son os mesmos que fixeran as inspeccións anteriores e que formularan un informe bastante positivo. O que se pediu desde o primeiro momento é que declarasen eses inspectores e explicasen porque cambiaran de súpeto o criterio, ao considerarse á xuíza como persoa de gran laboriosidade. Mesmo se dicía que o xulgado (número 1) tiña mal funcionamento a pesar da gran dedicación de Pilar de Lara", ponderou.

Azparren deslizou que "esta é unha proba que é rexeitada polo Consello Xeral do Poder Xudicial e polo Tribunal Supremo, e iso xera indefensión pola vulneración do dereito de proba".

Outro aspecto sobre o que poñerá o foco é que "os membros da comisión disciplinaria (do Consello Xeral do Poder Xudicial) que son os que deciden a sanción, pois despois co recurso de alzada ante o consello, ocorre unha cousa que non se dá noutro país e é que dentro do pleno están os membros da comisión disciplinaria que votan sobre a súa propia resolución", afeaba finalmente.

A xuíza Pilar de Lara levou importantes operacións en Lugo, contra redes de prostitución na bautizada como operación Carioca, ou contra a corrupción no caso Pokémon ou Garañón.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE