O CXPX négase a tramitar un escrito en galego e provoca a denuncia da Mesa

A Liña do Galego recibiu esta denuncia cidadá, así como outra na que se sinala que a Axencia Tributaria de Galicia "pretende impor nomes deturpados".


|

Archivo - Sede del CGPJ en Madrid
Arquivo - Sede do CGPJ en Madrid

 

A Mesa pola Normalización Lingüística recibiu, a través da Liña do Galego, a queixa dun cidadán que presentou un escrito en galego en atención cidadá do Rexistro Civil e recibiu, por resposta, "un escrito no que o Consello Xeral do Poder Xudicial infórmalle de que a lingua dos procedementos tramitados pola Administración Xeral do Estado será o castelán".

Sobre o ocorrido, A Mesa lembra que "o artigo citado abusivamente pola máxima autoridade xudicial do Estado continúa dicindo que, non obstante o anterior, os interesados que se dirixan aos órganos da Administración Xeral do Estado con sede no territorio dunha comunidade autónoma poderán utilizar tamén a lingua que sexa cooficial nela".

A entidade destaca, tamén, que a resposta foi remitida directamente desde o Consello Xeral do Poder Xudicial e non desde o Rexistro Civil, a quen se dirixiu inicialmente o escrito.

 

NOMES DETURPADOS

Por outra banda, denuncia que a Axencia Tributaria de Galicia "pretende impor nomes deturpados como Viana do Bolo, Noya ou Ginzo nos correos electrónicos das oficinas liquidadoras".

A Mesa pediu á Consellería de Facenda, á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á Valedora do Pobo que rectifiquen esta acción de" desprezo absoluto pola lingua e a toponimia galega" e "repoñan a legalidade inmediatamente".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE