Milagros Otero, actual Valedora do Pobo a pesar de poñer o seu cargo ao dispor do Parlamente despois da sentenza do Supremo que ratifica a nulidade do nomeamento do posto de xefe de servizo de Administración e Persoal concedido a unha sobriña do expresidente Mnauel Fraga e irmá do portavoz pralamentario do PP, acusando así á valedora de "desvío de poder", pide que lle suban o soldo a pesar de percibir 79.000 euros anuais.
A oposición empezou xa ha valorar a renuncia de Milagres Otero. Así, desde En Marea censúrase o "atraso de dez meses" na súa renuncia.
Milagres Otero abusou do seu poder para colocar indebidamente a María Puy Fraga nun posto, confirma o Tribunal Supremo, poñendo así de novo no disparadero á polémica Valedora do Pobo, cuxa dimisión leva meses reclamando a oposición e a quen o PPdeG amagó no seu día con deixar caer
Os conservadores comparan supostos tratos de favor na Coruña coa sentenza que anula o concurso do ascenso da irmá de Pedro Puy Fraga para manter, polo menos por agora, a Milagros Otero no seu posto, a pesar de que toda a oposición reclama o seu cesamento.
Pendente do veredicto do Partido Popular en Galicia, Milagros Otero comparece esta mañá no Parlamento. Á entrada, adiantou que quere seguir no cargo a pesar da sentenza que considera probado que enchufou a unha sobriña de Manuel Fraga e irmá do portavoz conservador na Cámara.
A menos de 24 horas de que, forzada por Feijóo, Otero compareza no Parlamento de Galicia, os conservadores seguen sen aclarar se apoian que siga no seu posto, onde chegou tamén co apoio do PSdeG.
Por se non o tiña claro, a Valedora do Pobo sabe desde esta mañá que o seu posto está no aire. O líder da maioría parlamentaria evita darlle o seu apoio e esíxelle explicacións. Toda a oposición xa pediu a súa dimisión tras a sentenza probase que enchufó a irmá de Pedro Puy, o portavoz parlamentario do PP.
O Valedor do Pobo emitiu un comunicado no que defende que a actuación da institución. Pola súa banda, En Marea e o Partido Socialista esixen a dimisión de Milagros Otero, que, segundo a sentenza do TSXG, cometeu "abuso de poder" e "arbitrariedade" ao designar á irmá do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga
Recoñece que "os servizos sociais do Concello interviñeron" para solucionar a situación dunha persoa conflitiva que rematou ingresada nun centro sanitario.
Otero reclama a "colaboración de todas as institucións" e o PPdeG enxalza o seu labor para "solucionar as carencias do sistema".
Unha das máximas preocupacións de Otero radica na proximidade da convocatoria e o descoñecemento de detalles sobre a súa realización.
Cualifica a presentación do informe anual de "lamentable espectáculo" e confesa que a titular da institución "non deixa de sorprendelo".
Milagres Otero liga este "incremento" á presentación de queixas colectivas e a que a institución se consolida como "instrumento público".
Computa 233 solicitudes de información, con 188 expedientes pechados e dúbidas sobre cuestións como ordenación territorial e contratación.
As queixas máis recorrentes a esta institución son o urbanismo, as listas de espera, as liñas de autobús, os comedores e os ruídos.
Milagros Otero cre que a cidadanía "se queixa máis porque é máis coñecedora dos seus dereitos, da institución e confía máis nela".