Feijóo evita apoiar á Valedora tras a sentenza na súa contra

Por se non o tiña claro, a Valedora do Pobo sabe desde esta mañá que o seu posto está no aire. O líder da maioría parlamentaria evita darlle o seu apoio e esíxelle explicacións. Toda a oposición xa pediu a súa dimisión tras a sentenza probase que enchufó a irmá de Pedro Puy, o portavoz parlamentario do PP. 


|

Por se non o tiña claro, a Valedora do Pobo sabe desde esta mañá que o seu posto está no aire. O líder da maioría parlamentaria evita darlle o seu apoio e esíxelle explicacións. Toda a oposición xa pediu a súa dimisión tras a sentenza que probou que enchufou a irmá de Pedro Puy, o portavoz parlamentario do PP. 


Valedoramilagrosotero

Milagres Otero no seu despacho


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cre que a valedora do Pobo, Milagros Otero, "debe dar explicacións" en sede parlamentaria despois da sentenza que anula un nomeamento para o que intercedeu.


Así o dixo Núñez Feijóo a preguntas dos xornalistas este luns despois de reunirse cun dos candidatos para liderar o PP, José Ramón García-Hernández.


En concreto, a sentenza da Sala do contencioso administrativo do TSXG anula o nomeamento da xefa de servizo de persoal pola que intercedió a valedora, á que o tribunal atribúe un "desvío de poder" e unha actuación con "arbitrariedade" en favor da persoa seleccionada para o posto, coa que garda relación.


relacionada Piden a dimisión da Valedora por "abuso de poder" tras unha sentenza do TSXG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE