A Valedora asegura que non recibe queixas por razón de raza: "Somos un país igualitario"

As queixas máis recorrentes a esta institución son o urbanismo, as listas de espera, as liñas de autobús, os comedores e os ruídos


|

Valedoradopobomilagrosotero


A valedora do pobo, Milagres Otero, asegurou este xoves que durante 2016, como é habitual, repetíronse queixas a esta institución en temas como o urbanismo, as listas de espera, as liñas de autobús, os comedores escolares ou os ruídos.


Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Otero adiantou que no Informe de Actividade relativo a 2016, que se entregará a finais deste mes, "repítense moitas queixas".


"Son consciente de que os galegos teñen moitos problemas, pero hai moitas cousas que melloraron", dixo a valedora, que instou á sociedade a ser respectuosos no exercicio dos seus dereitos.


Sobre a xenofobia en Galicia, Otero indicou que "a sociedade galega é amable e entende aos demais". "Somos un país excesivamente igualitario e non recibimos denuncias por razón de raza", apostilou.


HOMOFOBIA


Do mesmo xeito, avanzou que tampouco se reciben moitas queixas relacionadas coa homofobia, aínda que as considerou moi relevantes dado que "as persoas deben respectarse como son, como seres humanos e sen condicións externas".


"Os problemas dos homes e das mulleres quedaría solucionados se se tivesen en conta como seres humanos e non se son transexuais ou homosexuais", dixo a Valedora, para quen a sociedade actual debería "estar preparada para conter esas desigualdades".


Fronte a isto, a representante do Valedor do Pobo apostou pola educación en valores como algo fundamental.


Noutra orde de cousas, Milagres Otero eloxiou a relación coas diferentes administracións e dixo que, a pesar de que algúns concellos tardan en contestar, en xeral a colaboración é boa.

relacionada A Valedora do Pobo prevé "máis queixas" no seu informe do ano pasado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE