A Valedora do Pobo prevé "máis queixas" no seu informe do ano pasado

Milagros Otero cre que a cidadanía "se queixa máis porque é máis coñecedora dos seus dereitos, da institución e confía máis nela".


|

Valedoramilagrosotero


A Valedora do Pobo, Milagros Otero, prevé "máis queixas" no informe sobre o ano 2016, que espera finalizar e presentar este primeiro trimestre de 2017.


Nunha entrevista en RNE recollida por Europa Press, a Valedora do Pobo explicou que o feito de que haxa máis queixas non significa que as cousas estean peor, senón que a cidadanía "se queixa máis porque é máis coñecedora dos seus dereitos, da institución e confía máis nela".


Preguntada polos asuntos que esta institución non logrou liquidar, considera que estes non lle restan autoridade á institución que representa: "Temos un índice de resposta e eficacia moi elevados, pero non temos unha variña máxica para solucionar un problema", relatou, para logo indicar, con todo, que a institución ten que "seguir insistindo e facendo as cousas un pouco mellor".


A continuación, asegurou que as persoas maiores, particularmente as mulleres, teñen "moitos problemas" porque se produce unha "multidiscriminación": "O feito de cumprir anos non debería ser un problema. Deberiámolos ver (ás persoas maiores) como persoas con autoridade que poderían axudar aos outros".

relacionada 13.000 firmas piden á Valedora o seu apoio para a blindaxe constitucional das pensións
relacionada A campaña pola blindaxe constitucional das pensións chega á Valedora
relacionada ​O BNG propón "axilizar" o Parlamento e que a cidadanía presente as súas queixas na Cámara

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE