A Valedora condenada por enchufismo dimite tras coñecerse que pediu un aumento de soldo

A valedora do Pobo, Milagros Otero, rexistrou este martes ante o Parlamento de Galicia a súa renuncia ao cargo. A dimisión de Otero prodúcese case catro meses despois de que o Tribunal Supremo desestimase o seu recurso contra a condena do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) pola desginación dentro da insitución de María Puy, irmá do portavoz parlamentario do PPdeG e sobriña do expresidente Manuel Fraga.

|

Adeus, parece que esta vez si, a Milagros Otero. Presentou a súa renuncia tras coñecerse que pediu unha subida de soldo para ela e os seus compañeiros, a pesar de que leva catro meses nas pavías, tras presentar outra renuncia ao ser condenada por enchufar a unha sobriña de Manuel Fraga  e irmá do portavoz do PP Pedro Puy Fraga.


A valedora do Pobo, Milagros Otero, rexistrou este martes ante o Parlamento de Galicia a súa renuncia ao cargo. A dimisión de Otero prodúcese case catro meses despois de que o Tribunal Supremo desestimase o seu recurso contra a condena do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) pola desginación dentro da insitución de María Puy, irmá do portavoz parlamentario do PPdeG e sobriña do expresidente Manuel Fraga.


A valedora do Pobo, Milagros Otero

Segundo confirmaron a Europa Press fontes parlamentarias, Otero presentou un escrito de dimisión na Cámara na mañá deste martes. Este paso prodúcese días despois de coñecerse que solicitou un incremento do seu salario e do resto do persoal do Alto Comisionado do Parlamento en virtude da aplicación do acordo alcanzado a principios deste ano entre a Xunta e os sindicatos para a actualización das retribucións dos empregados públicos.

SUBSTITUCIÓN 
A principios do mes de abril, tras coñecerse a desestimación do recurso por parte do TS, Otero vinculou a súa renuncia ao cargo a que o Parlamento, órgano encargado de designar o Valedor do Pobo, acordase a persoa que a substituiría tanto a ela como ao vicevaledor, Pablo Cameselle.


Como PP e PSOE non se puxeron de acordo nun substituto, a verdade é que nin sequera o tentaron en serio, Otero levaba catro meses na porta de saída, danando o funcionamento da institución autonómica.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE