A ex-Valedora que enchufou a unha sobriña de Fraga premiada cun posto de tertuliana na Radio Galega

A parlamentaria do BNG Olalla Rodil rexistrou unha iniciativa parlamentaria polo regreso como tertuliana da exvaledora, Milagros Outeiros, aos 'Faladoiros' da Radio Galega.

|

Ten sentido que a emisora pública seleccione como tertuliana a unha Valedora do Pobo que, segundo probou a Xustiza, enchugou á sobriña de Manuel Fraga? Isto é o que se pregunta o Bloque, tras coñecer que a polémica Milagros Otero volve aos faladoiros matinais da Radio Galega.


A participación nos faladoiros da emisora pública adoita ser remunerada. Ata hai poucos anos, a Radio Galega repartía os postos nos seus faladoiros principais entre persoas máis ou menos afíns a cada partido con representación no Parlamento de Galicia. 


A valedora do Pobo, Milagros Otero



Despois da sentenza, de renunciar en falso unha primeira vez e pouco antes de dimitir por segunda vez, Otero sementou aínda máis polémica sobre a súa figura a o solicitar unha subida do seu soldo e do resto do seu equipo.


A letrada renunciase unha primeira vez pero agarrouse ao cargo con axuda do PP durante meses, despois de que o TSXG considerase probado que favoreceu a María Puy Fraga, irmá do portavoz parlamentario do PPdeG e sobriña do expresidente Manuel Fraga, para que ocupase unha praza na súa Administración.


QUEN TOMOU A DECISIÓN DE FICHALA?

A parlamentaria do BNG Olalla Rodil rexistrou unha iniciativa parlamentaria polo regreso como tertuliana da exvaledora, Milagros Outeiros, aos 'Faladoiros' da Radio Galega.

En concreto, Rodil pide explicacións para saber se se tratou dunha decisión da dirección da CRTVG ou da radio para recuperala, ou se cre que se trata da persoa idónea para ocupar un micrófono no medio público.

A deputada nacionalista ha lembrado que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sinalouna como responsable de "desvío de poder" e "arbitrariedade", en relación ao nomeamento "de maneira irregular" de María Fraga, sobriña do expresidente da Xunta e irmá do portavoz do Grupo parlamentario popular.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE