Galicia é, hoxe por hoxe, un caso paradigmático de que sen prensa libre non hai sociedade libre. Con unha prensa servil coas elites políticas e económicas a democracia é moi deficitaria e insuficiente. Galicia carece hoxe dunha pluralidade nos medios tal que garante o dereito a información pois esta é moi sesgada a prol dos intereses políticos e económicos dos que controlan os medios galegos. Por caso, os medios públicos (CRTVG: Corporación de Radio e Televisión de Galicia) confirman, un día si e outro tamén, esta realidade. O mesmo podería dicirse dos medios privados de maior tradición (Grupo Voz, Prensa Ibérica, El Progreso, La Región, Grupo La Capital, Editorial Compostela ...) cuxa dependencia financeira das subvencións dos poderes públicos, a pesares de ignorar o uso do idioma galego, e das axudas privadas condiciona claramente a súa liña informativa.
A cadea pública vive un momento de gran tensión. Ás protestas que comezaron hai un mes sumouse esta semana a recollida de 553 firmas do persoal en demanda do mantemento das desconexións locais que a radio suprimirá despois do verán.
A emisora pública galega responde as críticas -moi numerosas- por eliminar o actual formado do Diario Cultural e as desconexións locais. Faino prometendo debates entre as forzas políticas a nivel municipal e explicando que, na súa opinión, haberá máis espazo para a información cultural.
A defenestración do histórico "Diario Cultural" e a eliminación das desconexións de información local crearon unha gran polémica na rede e suscitan críticas de colectivos como o Comité Intencentros da CRTVG, a Asociación de Actrices, o Colexio de Xornalistas, a Asociación de Escritores ou a Mesa pola Normalización.
Admite que o últimos catro anos á fronte da organización foron "moi intensos" e asegura que non se trata dun paso atrás senón ao carón.