Dous presentadores do Telexornal Serán da TVG dimiten por "discrepancias coa liña informativa"

A cadea pública vive un momento de gran tensión. Ás protestas que comezaron hai un mes sumouse esta semana a recollida de 553 firmas do persoal en demanda do mantemento das desconexións locais que a radio suprimirá despois do verán. 


|

Tati moyano alfonso hermida crtvg dimision

Tati Moyano e Alfonso Hermida, presentadora e presentador do Telexornal Serán na TVG, presentaron a súa dimisión como condutores do espazo informativo por "discrepancias coa liña informativa"


Así o comunicou a sección sindical de CUT da Compañía Radio Televisión de Galicia nas súas redes sociais. A dimisión non se fará de forma inmediata: os xornalistas, que comunicaron a súa decisión coincidindo co cuarto Venres Negro da cadea pública o pasado 15 de maio, continuarán no seu posto ata o arranque da tempada no outono. 


"Polo visto teñen xente dabondo para poñer a cara pola manipulación sen cuestionarse constantemente os contidos, como tentaron facer Alfonso e Tati", di o comunicado da CUT. No mesmo texto, anuncian que este venres, -o quinto de reivindicacións- "aplaudirán a súa dignidade, tan necesaria nestes momentos". 


Ambos os presentadores apoiaron e secundaron as protestas do Venres Negro CRTVG, en apoio ás compañeiras e compañeiros da TVE e contra a manipulación informativa e a supresión de programas e infomativos locais na Radio Galega. Alfonso Hermida publicaba na súa conta de twitter o día 15, no que presentaron a súa dimisión, unha mensaxe sobre as protestas que foi retwitteado por Moyano.



RECOLLIDA DE FIRMAS

A cadea pública vive un momento de gran tensión. Ás protestas que comezaron hai un mes sumouse esta semana a recollida de 553 firmas do persoal en demanda do mantemento das desconexións locais que a radio suprimirá despois do verán. O Comité Intercentros entregoulle o pasado martes 19 as signaturas ao director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, segundo facía público a CUT.


"As demandantes aseguran que a información local xera espazos de referencia que axudan a vertebrar o país e contribúen a manter a pluralidade de voces e temas, tal e como ordena a lei que regula a CRTVG", explica o comunicado do sindicato. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE