​A Valedora do Pobo pide que lle suban o soldo a pesar da sentenza do Supremo que a acusa de enchufismo

Milagros Otero, actual Valedora do Pobo a pesar de poñer o seu cargo ao dispor do Parlamente despois da sentenza do Supremo que ratifica a nulidade do nomeamento do posto de xefe de servizo de Administración e Persoal concedido a unha sobriña do expresidente Mnauel Fraga e irmá do portavoz pralamentario do PP, acusando así á valedora de "desvío de poder", pide que lle suban o soldo a pesar de percibir 79.000 euros anuais. 


|

Milagros Otero, actual Valedora do Pobo a pesar de poñer o seu cargo ao dispor do Parlamente despois da sentenza do Supremo que ratifica a nulidade do nomeamento do posto de xefe de servizo de Administración e Persoal concedido a unha sobriña do expresidente Mnauel Fraga e irmá do portavoz pralamentario do PP, acusando así á valedora de "desvío de poder", pide que lle suban o soldo a pesar de percibir 79.000 euros anuais.


A valedora do Pobo, Milagros Otero, na Comisión de Peticións


Milagros Otero, no centro da imaxe


Otero pediu á Mesa do Parlamento a subida en virtude do decreto aprobado polo Goberno central para actualizar os salarios dos empregados públicos en virtude da evolución do Produto Interior Bruto (PIB), o que se traduciría nunha subida do 0,25% das cantidades percibidas no primeiro semestre deste añou.


A petición da subida, que tamén tería efecto sobre o adxunto do Valedor, chega nun momento no que aínda non se acordou a substitución de Otero á fronte do Alto Comisionado do Parlamento de Galicia, algo que non sucedeu porque, a pesar de que puxo o seu cargo ao dispor da cámara autonómica, aínda non existe consenso para o seu substituto, unha premisa vinculada á renuncia de Otero.


CRÍTICAS

A petición espertou críticas entre os grupos parlamentarios. Desde En Marea consideran que é “unha vergoña” e que os deixou “absolutamente perplexos”. Carmen Santos, viceportavoz do grupo, lembrou o salario anual que percibe Otero e recalcou que é “un dos máis altos do sector público”


AXUSTADO Á LEI

Con todo, esta subida aplícase por lei a todos os traballadores públicos da comunidade, polo que Otero estaría incluída nesa categoría. Do mesmo xeito, desde o Valedor do Pouco afirman que a petición é un mero “trámite formal”.


A institución remarca que é algo que afecta a todos os traballadores públicos e que non é “algo que Milagros Otero inventouse”. "O Parlamento o que fai é, tanto para el como para os seus órganos dependentes, aprobar a subida", conclúen.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE