​A Valedora arquiva os expedientes contra Santiago polas persoas sen fogar

Recoñece que "os servizos sociais do Concello interviñeron" para solucionar a situación dunha persoa conflitiva que rematou ingresada nun centro sanitario.


|

NoriegavaledoraMartiño Noriega e Milagros Otero.

A Valedora do Pobo vén de comunicar ao Concello de Santiago a súa decisión de "arquivar todos os expedientes que tiña abertos en relación á situación das persoas sen fogar en Compostela", tal e como deu a coñecer o consistorio santiagués.


Eses expedientes referíanse a tres escritos de queixa, que argumentaban que o comportamento destas persoas era contrario á ordenanza municipal de convivencia.


A Valedora do Pobo adopta esta decisión argumentando que coñeceu por sentenza xudicial que "os servizos sociais do Concello interviñeron na información da situación e nas medidas de apoio" en relación á única persoa sen fogar que seguía sendo obxecto das queixas recibidas. Esta persoa fora ingresada nun centro sanitario por orde xudicial, tras a mediación dos servizos sociais do Concello.


POLÉMICA


Estes expedientes foran polémicos no seu momento, pola repercusión que colleran. E é que Martiño Noriega chegara a criticar un "sesgo evidente no proceder" da Valedora en relación a Santiago, acusando á responsable de non estar sendo "respectuosa" coa cidade.


E é que sinalara que a institución equiparara "a nivel comunicativo" as "máis de 50.000 queixas" que houbo sobre a sanidade pública e as listas de espera con "dúas queixas" recibidas pola situación das persoas sen fogar. "Ás veces estou por pedir amparo á valedora contra a valedora", chanceara o alcalde.


TRATAMENTO MEDIÁTICO


A Concellaría de Políticas Sociais tamén ten presentado un escrito diante do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en relación ao tratamento informativo que algún medios de comunicación lle dero a este asunto, sobre todo ás persoas sen fogar e ás situación de pobreza, vulnerabilidade e exclusión social.

relacionada As queixas á Valedora dispáranse, coas cuestións sanitarias á cabeza
relacionada Noriega cuestiona a "imparcialidade e independencia" da "Valedora do PP"
relacionada Seguen as acusacións cruzadas entre a Valedora e Noriega polo "sesgo" con Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE