Seguen as acusacións cruzadas entre a Valedora e Noriega polo "sesgo" con Santiago

O alcalde de Santiago dá "por perdida" a obxectividade de Milagres Otero e a Valedora lle pide "respecto" á vez que reitera as súas críticas ao rexedor


|

Noriegavaledora


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reiterou este martes a súa consideración acerca de que "existe un sesgo evidente no proceder" da valedora do Pobo, Milagres Otero, en relación a Santiago e acusou á responsable da institución de non estar "a ser respectuosa" coa cidade, tras o que deu "por perdida" a súa obxectividade.


Así se referiu Noriega, a preguntas dos medios, á polémica existente entre o Concello de Santiago e o Valedor do Pobo, despois de que Milagres Otero destacase na presentación do seu informe as queixas recibidas por os problemas das persoas sen fogar en Santiago --dúas "colectivas"--, aínda que numericamente están por baixo das doutros departamentos e institucións.


Este luns, Milagres Otero, durante unha comparecencia no Parlamento, volveu reiterar as críticas ao concello compostelán por unha situación que cre "sen resolver" e apuntou que, ademais das queixas oficiais, os cidadáns trasladáronlle a súa preocupación por esta cuestión "na rúa". Finamente, pediu "respecto" ao rexedor.


CUESTIÓN DE "PONDERACIÓN"


"Non sei como se pode ponderar que dúas queixas teñan máis peso que miles de queixas de galegos sobre prestación de servizos públicos. Un chega á conclusión de que a actuación non está a ser gratuíta, nin pacífica nin respectuosa coa cidade", resumiu Noriega, que criticou tamén que a valedora empregase na súa comparecencia "datos particulares e privados de usuarios de servizos sociais nun tema tan sensible".


Para o alcalde compostelán "está a existir un rumbo evidente no proceder da valedora en canto á súa relación co concello" e apelou á "obxectividade das cifras" para criticar que se "equipare" unha cuestión con "dúas queixas" a outros asuntos con "miles de queixas".


Así mesmo, reiterou que "está a existir un comportamento non adecuado do que debería ser un rol ponderado dunha valedora" con respecto ao goberno compostelán nunha cuestión que "non é exclusiva desta cidade, se non de todas as cidades".


"Dou por perdida a obxectividade da valedora respecto da cidade e respecto de min", dixo Martiño Noriega, que acusou a Milagres Otero de "colocar obsesivamente de maneira reiterada" a situación das persoas sen fogar en Santiago por encima de áreas como a sanidade con "miles de queixas. "Claramente, a min non me representa", sentenciou.


REUNIÓN CON FOMENTO


Noutra orde de cousas, o rexedor indicou que o concelleiro Jorge Duarte saíu con "sensacións non moi positivas" da súa relación no Ministerio de Fomento.


No caso da ligazón orbital da AP-9, apuntou Noriega, Fomento mostrou a súa disposición para cumprir "o compromiso adquirido" polos anteriores responsables do ministerio, que pasa pola entrega do proxecto "ao longo destes meses" e a súa orzamentación nun horizonte de dous a tres anos.


Con todo, o rexedor non se mostrou satisfeito coa actitude de Fomento en relación á urbanización da contorna do túnel de Conxo. "Reabriuse o debate sobre se iso é prioritario para a cidade", dixo Noriega, que lembrou ao Goberno central que "non se trata de volver establecer as prioridades", dado que "houbo unha demanda veciñal" que "foi asumida polo anterior equipo do ministerio".


Finalmente, o alcalde de Santiago reiterará este martes a petición dunha entrevista co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna.

relacionada Noriega cuestiona a "imparcialidade e independencia" da "Valedora do PP"
relacionada As queixas á Valedora dispáranse, coas cuestións sanitarias á cabeza

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE