A Mesa

​(VÍDEO) Apagar RTVE o 11 de outubro polo “desprezo ao galego” de Master Chef e a canle pública

A Mesa pola Normalización Lingüística anima á poboación a non sintonizar nin Radio Nacional nin as canles da Televisión Española o próximo 11 de outubro.

​A Mesa presenta a campaña 'Queremos audiovisual en galego' na sede da RAG

A plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou esta mañá un encontro con representantes da Real Academia Galega con motivo da iniciativa 'Queremos audiovisual en galego'.

​A Mesa e o Parlamento de Galicia unidos para que a Lei do Audiovisual sexa vital "para o futuro da lingua"

Representantes da Mesa, PPdeG, BNG e PSdeG | Foto: A Mesa Este luns as tres formacións políticas presentes no Parlamento de Galicia, PPdeG,BNG e PSdeG, uniron as súas forzas, impulsadas pola Mesa pola Normalización Lingüística, para reclamar ao Goberno de España que a Lei do Audiovisual contemple ao galego nas medidas de protección da dobraxe, do subtitulado, das audiodescripciones e do financiamento anticipado establecidas para o español.

A Mesa denuncia o "uso exclusivo do castelán" de Turismo Rías Baixas nas súas contas de redes sociais
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou o "uso exclusivo do castelán" en redes sociais de Turismo Rías Baixas, un departamento dependente da Deputación de Pontevedra.
O Obradoiro cheo con distancia social para defender o dereito para vivir en galego

A Pataforma Queremos Galego mantén a súa capacidade de mobilización mesmo en pandemia.

A Liña do Galego recompila 219 denuncias por vulnerar os dereitos lingüísticos en 2020
Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; Celia Armas, secretaria xeral da entidade; e María Muíño, deputada de Lingua da Deputación da Coruña, presentaron este venres o informe anual da Liña do Galego correspondente a 2020, no que o servizo tramitou 219 queixas, 20 consultas e 111 felicitacións a través de chamadas, correos, e mensaxes remitidas pola APP.
PPdeG, PSdeG e BNG apoian a 'Canle Xabarín 24h' proposto pola Mesa no Parlamento de Galicia


A proposta impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística logrou un apoio unánime na cámara galega. 

​Hai unha decena de canles infantís e xuvenís en España, e ningunha ofrece os seus contidos en galego

O 'Informe Xabarín' presentado esta mañá pola Mesa pola Normalización Lingüística evidencia o “solar” ao que se enfronta o público novo galego, que non pode gozar de programas dirixidos á súa idade na lingua do seu país.

​A Mesa participa nun encontro da UE para o recoñecemento da diversidade lingüística

A Mesa pola Normalización Ligüística participou nun encontro telemático con representantes da dirección xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea.

​A Mesa leva ata a ONU as “presións” da compañía Enaire aos empregados que usan o galego

A plataforma denuncia ante a Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos e o Consello de Europa a “persecución” á que a empresa pública de servizos aeroportuarios, Enaire, somete aos seus empregados. 

​“Regala en galego”: un catálogo con propostas da Mesa para as compras deste Nadal

Desde A Mesa pola Normalización Lingüística, e dentro do proxecto ‘Abertos ao Galego’, compuxeron un catálogo con libros, discos, xogos, insturmentos ou experiencias para regalar durante estas festas. 

​A Mesa reclama unha canle infantil e xuvenil en galego para reanimar “o potencial creador que hai en Galicia”

A Iniciativa Popular da Mesa pola Normalización Lingüística para a creación dunha canle con programación infantil e xuvenil en galego deu hoxe un paso definitivo co respaldo público dunha boa parte do sector educativo e cultural.

A Mesa presente no Congreso dos Deputados para esixir "compromisos específicos" coa diversidade e dereitos lingüísticos

Representantes de entidades sociais pola defensa do catalán, eúscaro, galego, aragonés e asturiano reclamaron este martes no Congreso dos Deputados "compromisos específicos" dos representantes políticos coa diversidade lingüística do Estado e os dereitos dos cidadáns.

​A Mesa leva ata o Parlamento galego a campaña 'Falar galego é saudábel'

En compañía do estudantado de Medicina, a plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística presentou a Miguel Santalices a campaña para fomentar o uso do galego entre o persoal sanitario.

​A Mesa leva a Europa o "menosprezo" de Feijóo ao informe do Comité de Expertos sobre a situación da lingua

Desde a plataforma 'Queremos Galego' hai convocadas concentracións para este xoves 19 de decembro ás 20 h en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo 

​Galicia ten máis vontade para falar galego que galegofalantes

Os datos da última enquisa do IGE reflicten que Galicia segue perdendo galegofalantes, cunhas cifras moi preocupantes entre os mozos, pero á súa vez desvela que a mobilización social para manter viva a lingua é a que sostén unha lingua “en crise”, como afirman desde A Mesa pola Normalización Lingüística.

Protesta ante a Delegación de Goberno pola "exclusión" do galego en premios do Estado

Máis dunha trintena de persoas concentrouse este mércores ante a Delegación do Goberno na Coruña para denunciar a "exclusión" do galego no Premio Arquímedes do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

​A Mesa protesta contra Educación por non premiar os traballos universitarios en galego

A plataforma celebrará mañá unha protesta ante a Delegación de Goberno da Coruña baixo o lema 'Liberdade para ou Galego'. 

​A Mesa participa en Hendaia nun debate sobre os dereitos lingüísticos

O presidente da plataforma, Marcos Maceira, expoñerá a Iniciativa Lexislativa Popular proxectada desde ‘A Mesa pola Normalización Lingüística’ no ámbito socioeconómico e da ‘Guía para o uso de galego na Administración local (2019-2023)’, entregada a máis de 3.700 concelleiros e concelleiras de toda a comunidade. 

Publican unha guía para implantar o galego nas administracións locais

A iniciativa da Mesa, destinada aos novos concelleiros dos concellos galegos, conta cun mecanismo de avaliación coa idea de que se cumpran as medidas no horizonte de 2025.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE