​Hai unha decena de canles infantís e xuvenís en España, e ningunha ofrece os seus contidos en galego

O 'Informe Xabarín' presentado esta mañá pola Mesa pola Normalización Lingüística evidencia o “solar” ao que se enfronta o público novo galego, que non pode gozar de programas dirixidos á súa idade na lingua do seu país.


|

O 'Informe Xabarín' presentado esta mañá pola Mesa pola Normalización Lingüística evidencia o “solar” ao que se enfronta o público novo galego, que non pode gozar de programas dirixidos á súa idade na lingua do seu país.


Só un de cada 1.000 títulos nos contidos audiovisuais están en galego, o que remarca a “exclusión” que vive a lingua.


Xabarin CoPP 02

Reunión da Mesa con representantes do PPdeG |  Foto: A Mesa


O 'Informe Xabarín” é un estudo da Mesa para avaliar a presenza do galego nas “operadoras e plataformas de contidos audiovisuais”. Do documento inférese que pese a que na actualidade o extenso catálogo televisivo que ofrecen estas plataformas, que contan con dez canles de temática infantil e xuvenil, só 25 dos máis de 25.000 títulos que compón a súa oferta ofrece e galego en versión orixinial, dobrada ou lexendada.


En TVE o tempo de emisión de contendios coa opción do galego non supera os 40 minutos diarios, mentres que o castelán copa 119,4 horas. Desde a organización denuncian a sanguenta “exclusión” que sofren tanto a lingua como os máis novos.


BOA ACOLLIDA PARLAMENTARIA

Este informe chega despois de que representantes da plataforma mantivesen conversacións nos últimos días con membros das tres forzas parlamentarias. Os tres grupos (PPdeG, BNG e PSdeG) mostraron a súa receptividade á proposta da Mesa, que aspira a lograr coa súa Iniciativa Popular no Parlamento de Galicia “instar o goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade”.


A canle Xabarín 24 horas foi unha iniciativa que logrou un gran apoio popular con máis de 33.000 firmas. “Programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñible en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada para todos os dispositivos e que conte ademais con programas e xogos”, sinalan.


Xabarin CoBNG 03

Reunión da Mesa con Ana Pontón, representante do BNG | Foto: A Mesa


Nese sentido, tamén a proposta vai dirixida a que tanto TVE como as plataformas “teñan versión en galego orixinal, dobrada ou lexendada”.


“MÁIS OPCIÓNS EN CHINÉS QUE EN GALLEGO”

Marcos Maceira, presidente da Mesa, celebrou a boa acollida que tivo a proposta entre os grupos políticos e mostrouse esperanzado. "O galego ten que deixar de estar excluído da oferta audiovisual", afirma Maceira, á vez que lamentou que os nenos de Galicia “teñan máis opcións de visualización contidos en francés ou en chinés que en galego”.


Ademais, desde A Mesa inciden que as dificultades técnicas e administrativas serian salvables á hora de aprobar a canle Cabarín. “Por TDT poderían ser salvadas incluíndoa nos paquetes básicos de TV por fibra óptica, satélite, ADSL e tecnoloxía móbil así como disponibilizando a App Xabarín para todos os dispositivos e Smart TV”, sinala a nota.



“A Mesa procura tamén que o Parlamento de Galicia reclame ao Goberno de España que TVE exerza como canle pública dobrando e lexendado ao galego todos os seus contidos e que as cotas que fixará a nova Lei Xeral do Audiovisual para o castelán na dobraxe lexendado ou financiamento de producións audiovisuais, sexan idénticas para o galego. Deste xeito, ademais dos posibles acordos coa Xunta, tamén a lexislación garantiría os contidos en galego en pltaformas como HBO, Netflix ou Filmin”, agregan.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE