​A Mesa participa nun encontro da UE para o recoñecemento da diversidade lingüística

A Mesa pola Normalización Ligüística participou nun encontro telemático con representantes da dirección xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea.


|

A Mesa pola Normalización Ligüística participou nun encontro telemático con representantes da dirección xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea.


Elsa Quintas, vicepresidenta da entidade, foi a encargada de representar á organización en Europa.


202010201 ELEN Comm Meeting AMesa

Encontro da Mesa e membros de ELEN | Foto: EP


O encontro tiña como obxectivo reivindicar a diversidade lingüística nos estados membros da Unión Europea e o recoñecemento a esta riqueza de linguas. Na reunión tamén estiveron outros colectivos membros de a Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN).


Este organismo consultivo, agrupa a 46 linguas de máis dunha vintena de estados e que persegue “a procura de beneficios, a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas, traballar no sentido de igualdade e para ser unha voz para os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional”, levou ante a UE as súas demandas, como a apertura dunha canle de comunicación continuo entre o organismo e a Comisión Europea, así como a creación dun fondo europeo para as linguas en perigo.



Outras propostas, como a creación dunha figura do “defensor das linguas”, tamén foron postas sobre a mesa, así como a adopción de “un mecanismo adecuado para garantir que os estados implementen e cumpran a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minorizadas, para promover a igualdade lingüística e para erradicar o odio contra falantes de linguas minorizadas”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE