​A Mesa leva ata a ONU as “presións” da compañía Enaire aos empregados que usan o galego

A plataforma denuncia ante a Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos e o Consello de Europa a “persecución” á que a empresa pública de servizos aeroportuarios, Enaire, somete aos seus empregados. 


|

A plataforma denuncia ante a Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos e o Consello de Europa a “persecución” á que a empresa pública de servizos aeroportuarios, Enaire, somete aos seus empregados.


Segundo sosteñen desde A Mesa pola Normalización Lingüística, algúns traballadores de Enaire recibiron presións por usar o galego durante a súa quenda de traballo.


03

Protestas dos traballadores


"Esta acción da empresa Enaire, pertencente ao Ministerio de Transportes, presenta un precedente de consecuencias  gravísimas se se extende ao conxunto de empresas cuxa actividade se desenvolve en Galicia", lamenta Marcos Maceira, presidente da Mesa, que remitiu as súas denuncias a Fernand de Varennes, relator especial do Alto Comisionado, e a Elise Cornu, responsable da división de minorías nacionais e lingüísticas do Consello de Europa.


Desde A Mesa critican que os empregados que se expresan en galego reciben indicacións para non facelo nin de maneira oral nin escrita. "Tanto polo feito como polas graves consecuencias que pode chegar a ter para as traballadoras, consideramos que é unha acción grave de discriminación polo uso da lingua propia e cooficial protexido polo artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia, polo artigo 2 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, polo artigo 27 do pacto internacional de dereitos civís e políticos e o artigo 13 da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas”, denuncia Maceira.



INSPECCIÓN DE TRABALLO

A pesar de que en Enaire insisten que na dirección madrileña do centro de traballo non teñen por que entender nas comunicacións outra lingua que non sexa o castelán, desde Inspección de Traballo xa emitiron unha resolución favorable para os empregados, xa que ao atoparse o centro de traballo en Galicia teñen dereito a usar o galego aínda que a dirección atópese fose.


Doutra banda, e como resultado deste informe, a empresa acusa as traballadoras de "acoso ascendente" agravado pola insistencia no uso do galego, algo que pode carrexarlles unha sanción moi grave.


“A Mesa pola Normalización Lingüística, como ONG que actúa para a defensa e promoción da lingua galega, xa se dirixiu tanto ao ministro de Transportes como á empresa, para tentar que corrixan esta actitude”, comentan desde A Mesa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE