A Mesa participa en Hendaia nun debate sobre os dereitos lingüísticos
O presidente da plataforma, Marcos Maceira, expoñerá a Iniciativa Lexislativa Popular proxectada desde ‘A Mesa pola Normalización Lingüística’ no ámbito socioeconómico e da ‘Guía para o uso de galego na Administración local (2019-2023)’, entregada a máis de 3.700 concelleiros e concelleiras de toda a comunidade.

Marcos Maceira, no centro da imaxe
O debate celebrarase esta tarde na localidade francesa ás 16:30 horas na sala de cinema Escolas, no marco do ‘Protocolo para Garantir os dereitos Lingüísticos’. No encontro participarán, ademais da Mesa, Haizpea Abrisketa, de Euskararen Gizarte Erakundeen Kontseilua e Micheli Leccia, de Parlemu Corsu.
O obxectivo deste debate sobre ‘Os dereitos lingüísticos como base para unha nova Europa’ é “explicar a importancia dos actores sociais en defensa deste dereitos”, explica a plataforma. Ademais, Maceira mostrará os avances dados pola plataforma nas súas proxectos, que logrou chegar ata a clase política, ademais do apoio de diversas organizacións sociais e unha trintena de comunidades lingüísticas europeas.
Escribe o teu comentario