A Mesa presenta a campaña 'Queremos audiovisual en galego' na sede da RAG
A plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou esta mañá un encontro con representantes da Real Academia Galega con motivo da iniciativa 'Queremos audiovisual en galego'.
A plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou esta mañá un encontro con representantes da Real Academia Galega con motivo da iniciativa 'Queremos audiovisual en galego'.
A iniciaitva xa logrou a semana pasada o respaldo de todas as organizacións políticas que compoñen a cámara parlamentaria galega.
Atopo da Mesa e a RAG | Foto: A Mesa
A principal entidade social de defensa da lingua galega e a principal institución cultural de Galicia reuníronse esta mañá coa iniciativa 'Queremos audiovisual en galego', que conta co apoio unánime das tres forzas que compoñen o Parlamento de Galicia, como marco deste encontro.
Marcos Maceira e Celia Armas, presidente da Mesa e secretaria xeral da entidade de defensa da lingua, mantiveron un encontro co presidente e vicepresidente da RAG sobre a proposta para esixir que a nova Lei do Audiovisual do Estado iguale as cotas establecidas para o castelán nas plataformas dixitais tamén para o galego, ao que piden incluír nas medidas de protección da dobraxe, de lendaxe , das audiodescripcions e do financiamento anticipado establecidas para o español.
Maceira insistiu recentemente na importancia desta lei, vinculada á directiva europea que busca garantir a difusión e creación nas linguas do continente. “Sen audiovisual non hai futuro para ningunha lingua nin cultura", incide Maceira, que nesta xornada quixo destacar a importancia da RAG como institución fundamental “para o futuro da lingua galega”.
"Fai falta actuar nun dos ámbitos onde a situación de exclusión da nosa lingua é máis evidente", lembran desde A Mesa. á vez que reiteran que apenas 25 dos máis de 25.000 títulos dispoñibles nas principais plataformas están en versión orixinal galega e ningunha conta con opción dobrada ou subtitulada.
Escribe o teu comentario