A Mesa denuncia o "uso exclusivo do castelán" de Turismo Rías Baixas nas súas contas de redes sociais

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou o "uso exclusivo do castelán" en redes sociais de Turismo Rías Baixas, un departamento dependente da Deputación de Pontevedra.

|

A paltaforma advirte que o departamento ligado á Deputación de Pontevedra fai un uso "exclusivo" do castelán nas súas redes sociais.


Desde a Deputación escúdanse en que as publicacións "se dirixen a un público moito máis heteroxéneo, composto polo mercado interior galego, público nacional e tamén persoas estranxeiras". 


Elsa Quintas, Marcos Maceira e Sara Seco

Elsa Quintas con Marcos Maceira e Sara Seco | Foto: A Mesa


A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou o "uso exclusivo do castelán" en redes sociais de Turismo Rías Baixas, un departamento dependente da Deputación de Pontevedra.


Nun comunicado, a entidade lembrado que o Estatuto de Autonomía, a Lei de normalización lingüística e a Lei de administración local de Galicia "protexen" o uso da lingua propia por parte das administracións públicas da comunidade.

Por iso, considerou "especialmente grave" que a institución provincial "considere xustificada a eliminación da lingua propia" ao "dirixirse a un público potencial de fóra da comunidade" ante a queixa presentada mediante a Liña do Galego.


Así as cousas, a directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, lamentou que a Deputación de Pontevedra conclúa que resulta "innecesaria ou mesmo daniña" a presenza do galego en comunicacións dirixidas a público de fóra de Galicia. Nesta liña, Quintas reprobou que a institución provincial "entenda que o castelán é a única lingua válida e necesaria" para achegar a terra e a cultura "a calquera persoa de calquera outro punto do planeta".


Precisamente, A Mesa destacou que, ante a queixa presentada por esta entidade, a Deputación indicase que "distingue" a estratexia de comunicación aplicada nas redes sociais da institución provincial e as de Turismo Rías Baixas, que, segundo apuntou, "se dirixen a un público moito máis heteroxéneo, composto polo mercado interior galego, público nacional e tamén persoas estranxeiras".


Neste sentido, a Deputación Provincial trasladou a súa aceptación a "a convivencia do galego e o castelán" nos perfís de Facebook e Twitter de Turismo Rías Baixas, "pero insistiu en manter en Instagram a exclusiva do castelán", como a "decisión estratéxica máis conveniente para os intereses económicos do sector turístico pontevedrés" ante "o alcance e a difusión desta rede social".

Ante esta situación, a directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos advertiu de que "esta posición de subordinación da lingua propia" por parte dunha administración pública resulta "inadmisible" e "contravén as leis".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE