Luís Villares reuniuse esta mañá con membros da plataforma e, como BNG e PSdeG-PSOE, trasladou o seu apoio directo á iniciativa.
Ademais, con case todas as enquisas -salvo as da Voz- apuntando que non tiñan opcións de entrar no Congreso, é lóxico que ninguén que apostase polo voto útil outorgáselles a súa confianza.Con todo, a distancia é tan grande con En Común (a marca de Podemos Galicia, Esquerda Unida e Equo) que sería ingénuo pensar que este #28A non vai ter consecuencias no seo de En Marea.
Ao presentar hoxe no acuedo oficial cos valencianos, Villares parece pechar a porta a unha coalición con Podemos e Esquerda Unida a nivel estatal. Un paso máis na crise da confluencia, que podería ter serias consecuencias no Parlamento Galego unha vez coñecidos os resultados dos comicios xerais.
Nesta entrevista electoral en Galiciapress, Ana Seijas Baranauskas (Compostela, 1973) estima que volverán ser "decisivos" para un goberno de progreso. Iso si, a Pedro Sánchez déixalle claro que un eventual apoio non será nunca un "cheque en branco". A actual viceportavoz de En Marea tamén destaca que nunca estarán supeditados aos intereses de forzas estatais, como Podemos e Esquerda Unida, outrora colaboradores e hoxe competidores. O feminismo, a transferencia da AP9 ou o vertedoiro de Lesta son outros temas desta conversación, a terceira na serie de entrevistas que está a publicar Galiciapress con cabezas de cartel para as eleccións xerais do #28A.
A Xunta de Galicia di que o Xacobeo é unha prioridade e ao mesmo tempo permite proxectos industriais, como a reapertura da mina de Touro, que fan perigar o Camiño de Santiago. Esta é a denuncia enarborada hoxe polo líder de En Marea, que tamén puxo o foco sobre o Parque Eólico de Sasdónigas.
Galicia non pode soportar máis tempo infraestruturas ferroviarias obsoletas como a conexión sur de Vigo con Portugal e a terceiromundista liña A Coruña - Ferrol. Nisto coinciden o Eixo Atlántico e En Marea, que se reuniron este venres para reclamar máis investimentos.
Pedro Sánchez dirá este venres para cando adianta as eleccións. Neses comicios haberá unha candidatura de En Marea, pero, visto o visto, será moi diferente á que quedou en segundo posto na anterior cita en Galicia. Podemos, ANOVA e Esquerda Unida insisten en que Villares non ten autoridade para marcar o que deben votar os deputados en Madrid. Neste momento, parece imposible que acepten ir nunha candidatura baixo o paraugas de En Marea que sostén Villares. Só una dos cinco parlamentarios, Alexandra Fernández (ANOVA), ponse ao lado do líder autonómico, acusando os seus compañeiros de crebar a disciplina.
Está por ver que o líder da confluencia sexa capaz de impoñer este criterio entre os deputados de En Marea, pois a maioría deles son moi críticos con el
O errejonismo empeza a mover as súas bazas en Galicia. E fano cun órdago, cuestionando a limpeza das recentes primarias que gañou Antón Gómez Reino, próximo a Pablo Iglesias. A nivel estatal, Podemos rexeita a auditoría que pide o sector crítico galego.
En Marea constituíu este sábado a súa coordinadora só con 11 membros afíns a Luís Villares, o portavoz e vencedor das pasadas eleccións primarias, que apelou aos integrantes do sector crítico, que non acudiron, a ter "lealdade" e a actuar con "responsabilidade" coa formación política, para non "maltratar" nin "desprezar" aos seus votantes e inscritos.
Nesta segunda entrega da entrevista concedida por Luís Villares (Lugo, 1978) a Galiciapress, o dirixente de En Marea critica a xestión do PP na crise da sanidade, pide responsabilidades ao goberno central para intervir Alcoa e debulla a actualidade no referido ás negociacións de Cs e PP con Vox. Ademais, manda unha mensaxe á dirección estatal de Podemos: “Fago un chamamento a Pablo Igrexas e á súa dirección para integralos no traballo de En Marea”.
Luís Villares (Lugo, 1978) atende a Galiciapress o mesmo día no que Esquerda Unida confirma a súa saída de En Marea. Esta situación, xunto co comunicado emitido onte por Podemos no que sinalaba que a auditoría externa reflectía unha falta de “garantías” no proceso de votación nas primarias, deixa á forza política ao bordo dunha ruptura total.
O sector crítico de En Marea non quere precipitarse á hora de presentar os resultados despois de caer derrotados no pasado Consello dás Mareas, mentres a dirección está segura da lexitimidade do proceso.
O Comité Electoral dará os resultados finais das primarias de Podemos esta tarde. Pase o que pase, o incendio na confluencia seguirá ardendo.
Artigo de #opinión de Manuel Barbeitos sobre o actual conflicto dentro de #EnMarea
"Principio de acordo" entre críticos e oficialistas, indica Martiño Noriega.Mentres, Feijóo aproveita a crise da confluencia para restar credibilidade a Villares no Parlamento.
Podemos Galicia dá a súa versión sobre o caos das primarias de En Marea. O partido morado insiste en que a paralización das votacións foi irregular e demanda a súa reactivación de forma "áxil e absolutamente transparente".
Luís Villares (Lugo, 1978) atende a Galiciapress (como tamén fixo o outro cantidato David Bruzos) a uns días de que o Consello dás Mareas decida cal das dúas listas debe asumir a dirección. Ademais de incidir na pluralidade da súa lista, Villares matiza a polémica das doazóns dos deputados de Podemos, asegurando que "o compromiso de limitación salarial está a cumprirse" . Para o seu rival ten palabras de eloxio: "Bruzos é un gran compañeiro e unha persoa dialogante".
A dirección do partido morado ha feito un chamamento aos seus inscritos para que se inscriban no partido instrumental e en só dous días o censo creceu en 200 persoas. A intención de Podemos Galicia é contar con máis apoios no próximo Consello dás Mareas.