A eurodeputada Lida Senra irá de 2 na coalición de Compromís con En Marea e Equo
Ao presentar hoxe no acuedo oficial cos valencianos, Villares parece pechar a porta a unha coalición con Podemos e Esquerda Unida a nivel estatal. Un paso máis na crise da confluencia, que podería ter serias consecuencias no Parlamento Galego unha vez coñecidos os resultados dos comicios xerais.
Villares cualifica de "magnífico" o acordo alcanzado coa formación de Mónica Oltra e na que tamén participan Chunta, Equo e Més
En Marea subscribiu un acordo para presentarse ás eleccións europeas en coalición cos valencianos Compromís, Chunta Aragonesista, Equo e Més per Mallorca. Unha candidatura na que a representante de En Marea Lídia Senra ocupará o número dous da lista.
RESULTADOS DESTA COALICIÓN NAS PASADAS ELECCIÓNS
Todos estes partidos non galegos xa compartiron papeleta en 2014. Por entón presentáronse como Primavera Europea obtivo un total de 299.884 votos (1,96%) en España, sacando oun eurodeputado. A maioría dos sufraxios achegáronos os valencianos, 138.488 votos.
Diso informou este venres o portavoz de En Marea, Luís Villares, que cualificou de "magnífico" o acordo para unha alianza que "permitirá defender os intereses de Galicia" e "construír unha Europa máis solidaria, social e democrática".
Así as cousas, o partido instrumental, desligado dos seus antigos socios Anova, Esquerda Unida e Podemos, confirma o acordo con Compromís, con quen mantiña negociacións desde hai meses.
Ademais, Villares dá por seguro que, grazas ao seu lugar como número dous da lista, a candidata de En Marea Lídia Senra obterá escano nas eleccións europeas que terán lugar o próximo 26 de maio.
Lida Senra
Está por aclarar que fixa o acordo no caso da coalición saque un só escano. Hai coalicións, como a que participa o BNG, na que o escano rota, dimitindo o número 1 para que a número 2 poida obstentar a acta para mediados de lexislatura.
IMPACTO EN EN MAREA NO PARLAMENTO
O que xa é evidente é que a confluencia galega acudirá rota tamén ás europeas. Nas xerais, En Marea vai pola súa conta, mentres que os seus ex-socios de Podemos Galicia e Esquerda Unida compiten unidos en En Común Unidas Podemos.
Ao presentar hoxe o acuedo oficial cos valencianos, Villares parece pechar a porta a unha coalición con Podemos e Esquerda Unida a nivel estatal. Un paso máis na crise da confluencia, que podería ter serias consecuencias no Parlamento Galego unha vez coñecidos os resultados de os comicios xerais.
Villares e os seus son minoría no Grupo Parlamentario de En Marea no Parlamento de Galicia. Se Podemos e Esquerda Unida sacan mellor resultado que En Marea nas eleccións xerais -como apuntan as enquisas, que lle dan dous deputados aos de Podemos e ningún aos de Villares-, poderían verse tentados a dar un golpe de man no Pazo do Hórreo e sacar a Villares da portavocía do grupo, quitándolle un altofalante crave para unha hipotética campaña das eleccións galegas e consumando así a ruptura total.
Escribe o teu comentario