Convocan tres días de folga en Indra, responsable da atención telefónica en centros de saúde

A CIG, que chama á protesta, aduce unha "política de despedimentos" que busca "desmantelar a división de persoal técnico de campo para subcontratar as condicións laborais".


|

Galicia.-Sanidade sitúa el seguimiento de la huelga en Primaria en un 4,26% en el turno de tarde, menor que en la mañana
Foto: EP


A CIG convocou tres xornadas de folga en Indra Xestión de Usuarios para rexeitar a "política de despedimentos" aplicada pola empresa co obxectivo, argumentan, de "desmantelar a división de persoal técnico de campo para "subcontratar e precarizar as condicións laborais".

Esta empresa presta o servizo de atención telefónica a todos os centros de saúde e unidades administrativas da Consellería de Sanidade e do Sergas.

Segundo explican nun comunicado, a folga desenvolverase este venres 28 e os días 1 e 2 de decembro. Afecto ás instalacións de Indra na Coruña, Santiago e Vigo, ademais do persoal desprazado en Lugo e Ourense.
 


O secretario do comité, Miguel Fraguela, explicou que neste último ano a empresa está a levar a cabo unha "política de despedimentos disciplinarios" por todo o Estado, que xa suman ao redor de 20 persoas afectadas.

"O que pretende Indra é subcontratar o servizo, da mesma forma que esta empresa xa é unha subcontrata de compañías como Abanca ou INSS. O obxectivo non é outro que precarizar aínda máis as condicións laborais, prescindir do coñecemento e o bo facer do seu propio persoal e maximizar os seus beneficios á nosa costa", remarcou.

Para a central sindical trátase dun "ataque directo" de Indra contra a estabilidade laboral e a "dignidade" do traballo. Por iso, anunciaron unha concentración este venres ás 11.00 horas ante a central de Indra na Coruña.

 

SERVIZOS MÍNIMOS

Así as cousas, o Diario Oficial de Galicia (#DOG) recollía na súa publicación deste xoves os servizos mínimos para este paro.
 


Explican que, dado o elevado número de incidencias que se producen e a necesidade de manter o servizo operativo as 24 horas dos sete días da semana, é necesario garantir, como mínimo, o 50% dos recursos asignados nunha xornada diaria.

Aplicando este mínimo ás distintas quendas, o número de efectivos sería de cinco traballadores na quenda de mañá, dúas no de tarde e un no de noite.

 

FOLGA EN PRIMARIA

Este paro coincide co convocado, tamén pola CIG, en Atención Primaria, que acaba este venres. Este xoves, o sindicato convocaba concentracións ante distintos centros de saúde galegos.

En Vigo, un grupo de traballadores concentrouse ante o Centro de Saúde e PAC da rúa Pizarro, onde a responsable comarcal de CIG-Saúde, Pilar Rodríguez, incidiu nos datos "moi positivos" do seguimento da folga, sobre todo entre o colectivo de residentes e facultativos.

Rodríguez, que lembrou que hai "un enfado moi importante" entre os profesionais sanitarios da Atención Primaria, remarcou que as propostas da administración autonómica son "insuficientes e ambiguas". "Levamos dous anos na mesa sectorial, tentado negociar para sacar a Atención Primaria da situación na que está sumida, e non imos facer un brinde ao sol por promesas incumpríronse até o momento", subliñou.

Na concentración tamén participaron a deputada do BNG, Carmela González, e o portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, que denunciou que a área de Vigo é a "zona cero" da 'desfeita' das políticas sanitarias da Xunta, e reclamou "investimentos reais" para reforzar a Atención Primaria, con máis persoal e recursos, fronte a un PP que "favorece claramente o negocio das súas empresas privadas amigas".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE